Afiade esas fouces. Eduardo Pondal.

Honrados e duros
e fortes gallegos,
afiade esas focues
de fúlxido aceiro.
Da máis grande sega
chegaran os tempos:
afiade esas fouces,
afiade gallegos.

A gran prostituta
d’España no centro,
cand’é que pasades,
vos dice Gallegos.
Da grande cosecha
chegaran os tempos:
afiade esas fouces,
afiade, gallegos.

De cardos e espiñas
os surcos ‘stan cheos,
de ditos punzantes
e viles desprecios.
Prepará prá brega
os brazos de ferro:
afiade esas fouces,
afiade gallegos.

Pondal, E., Poesía galega completa.

Pondaliana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *