Outro poema de amor. Lois Pereiro.
Outro poema de amor
El xa non sintía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen.
Pereiro, L. (1995 ), Poesía última de amor e enfermidade.