Degradación. Lois Pereiro.

Unha bola de neve cae a rolos
levando dentro sombra e pesadelos,
dirixida cara ó punto máis baixo
da súa existencia.
Unha bola de vida co meu nome
e o destino marcados,
que se precipita cara ó silencio,
trazado xa o camiño desde hai tempo.
Dado por morto por segunda vez,
mesmo o inferno rexeitou admitirme
por non cargar conmigo,
denegando a miña solicitude.
Outro fracaso máis que me fai seguir vivo
ata que me corrixa e me libere

agosto, 95

Pereiro, L. (1995 ), Poesía última de amor e enfermidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *