Cantiga 166. Afonso X

[E 166 T 166]
Esta [é] como Santa Maria guareceu un ome que era tolleito
do corpo e dos nenbros, na sa eigreja en Salas.

Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos,
assi poden pela Virgen | depois seer sãos feitos.

Ond’ aveo a un ome, | por pecados que fezera,
que foi tolleito dos nenbros | dua door que ouvera,
e durou assi cinc’ anos | que mover-se non podera,
assi avia os nenbros | todos do corpo maltreitos.
Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos…

Con esta enfermidade | atan grande que avia
prometeu que, se guarise, | a Salas logo irya
e hua livra de cera | cad’ ano ll’ ofereria;
e atan toste foi são, | que non ouv’ y outros preitos.
Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos…

E foi-sse logo a Salas, | que sol non tardou niente,
e levou sigo a livra | de cera de bõa mente;
e ya muy ledo, como | quen sse sen niun mal sente,
pero tan gran tenp’ ouvera | os pes d’ andar desafeitos.
Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos…

Daquest’ a Santa Maria | deron graças e loores,
porque livra os doentes | de maes e de doores,
e demais está rogando | senpre por nos pecadores;
e poren devemos todos | sempre seer seus sogeitos.
Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos…

Afonso X, O Sabio (1981): Cantigas de Santa María, edición crítica de W. Mettmann. (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Versión de Ensemble Canso. Escoitar aquí.

Versión de Falsobordone. Escoitar aquí.

Versión de Kalenda Maya. Escoitar aquí.

Versión de Savina Giannatau. Escoitar aquí.

In itinere. Grupo de Cámara da Universidade de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *