Ondas do mar de Vigo. Martin Codax

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?

CODAX, Martín, Martín Codax. Cantigas. Vigo, Editorial Galaxia, 1998.

Versión de Manoele en Youtube

Versión de Amaral en Youtube

Laura Lamontagne & Picoamperio

7 replies on “Ondas do mar de Vigo. Martin Codax”

  1. Angeles Barreiro on

    Nunca escoitei unha versión mais fermosa na interpretación desta cantiga. Grazas Ana.

  2. Anonymous on

    É posíbel descargar a cántiga en formato mp3 ou calquera outro?
    Un saúdo moitas grazas por manter este espazo
    Nasa

  3. Efectivamente, podes descargar o arquivo de audio de varias maneiras. Propoñémosche dúas: 1. Subscríbete a Son de poetas (Subcríbete>por correo), recibirás un correo cada vez que se publique algo novo. Ao final do texto verás o seguinte: “This posting includes an audio/video/photo media file: Download Now”, clica en “Descargar agora” co botón dereito do rato e escolle “Gardar ligazón como…” e poderás descargar o audio no teu equipo.

    2. Subscríbete (no menú)>RSS>Na páxina de FeedBuner verás os textos publicados e a continuación o enderezo do audio>Clica sobre el co botón dereito e escolle “Gardar ligazón como…” e xa poderás descargar o audio.

    Cóntanos como che foi, grazas.

  4. Ola: paréceme excelente a vosa páxina, mais a pesar de subscribrirme a Son de Poetas non son capaz de baixar a música dos textos que me interesan. Agradeceríavos unha axudiña para os que non temos moita maña nas novas tecnoloxías. Graciñas e parabens pola páxina. Dores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *