Unha vez tiven un cravo. Rosalía de Castro

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinqueino,
mais…¿quen pensara…? Despois
xa non sentin máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Maite Dono (1998)

http://literaturagalega.as-pg.gal/ficheiros/elemsMultimedia/2460/O_cravo_MaiteDono1.mp3
Emilio Cao (1986)

4 replies on “Unha vez tiven un cravo. Rosalía de Castro”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *