Tiven medo de vogar. María Mariño

Tiven medo de vogar,
tiven medo da auga crara.
Anque fora cuns bons remos
anque fora na mar calma,
non vogaba!, non vogaba!

O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.

María Mariño (1994), Palabra no tempo en Obra completa (Vigo:Xerais)

Versión de Uxía nova pestana ou xanela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *