Vai polo monte o camiño. Uxío Novoneyra

VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.

Eu non sein pra onde vai
méntral’ o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando…

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Suso Vaamonde (1997)

3 replies on “Vai polo monte o camiño. Uxío Novoneyra”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *