- VIII - Alá, pola alta noite, á luz da triste e moribunda lámpara, ou antre a negra oscuridad medosa, o vello ve pantasmas. Uns son árbores muchos e sin follas, outros, fontes sin auguas, montes que a neve eternamente crube, ermos que nunca acaban. I ó amañecer do día, cando ca última estrela aqueles marchan, outros veñen máis tristes e sañudos, pois a verdade amarga escrita trán nos apagados ollos e nas asienes calvas. Non digás nunca, os mozos, que perdeches a risoña esperanza, do que a vivir comeza sempre é amiga: ¡só enemiga mortal de quen acaba!...
Alá, pola alta noite
Posted by admin on Maio 20, 2009
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/05/20/ala-pola-alta-noite/
Previous Post
Algúns din: miña terra!
Algúns din: miña terra!
Next Post
Paz, paz deseada
Paz, paz deseada
Comments are closed.