ADIANTE!

No escuro pavoroso i antre o xordo romor dos pinos bravos que a tempestá azoutaba coma a escravos, oiuse, como queixa de raposo, un asubío medoso. E un laio de temor que daba frío, ó medoso asubío respondeu dende o fondo da espesura, aumentando no espíritu a tristura que daba o ronco marmurar do río. […]

Non cantes, non chores, non rías, non fales

-Non cantes, non chores, non rías, non fales, nin entres, nin sallas sin mo perguntare. ¡Válate San Pedro, con tanto gardarme! -Pois de que así sea, nena, non te asañes; que cantes, que chores, que rías, que fales… «¡Can pasa!», nun tempo, meniña, diranche.

Un verdadeiro amor é grande e santo

-Un verdadeiro amor é grande e santo, dos encantos encanto, i é doce…, doce antre as dozuras todas. -Seica por eso, tanto tras dunhas i outras modas, dálle por empachar, anque ben sabe. -¿Por máis que acabe en vodas?… -Anque en vodas acabe; pois coma todo doce, miña vida, i esta é cousa sabida coma […]

Vamos bebendo

-Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bos ovos, andando o tempo. I hei de vendelos caros polo Xaneiro, i hei de xunta-los cartos para un mantelo, i heino de levar posto no casamento, i hei… -Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i […]

Non hai peor meiga que unha gran pena

III Varia Non hai peor meiga que unha gran pena -Marianiña, vaite ó río.. -Deixá, ña nai, que aquí estea, que eu non vexa a luz do día, que a luz a min non me vexa. -¿Que estás dicindo, rapaza?… -Que onte á mañán na devesa a iauga se tornou roxa cando me fun lavar […]

Soia

Eran craros os días, risoñas as mañáns, i era a tristeza súa negra como a orfandá. Íñase á amañecida tornaba coa serán… mais que fora ou viñera ninguén llo iña a esculcar. Tomou un día leve camiño do areal… como naide a esperaba, ela non tornou máis. Ó cabo dos tres días botouna fóra o […]

¿Por que, Dios piadoso

¿Por que, Dios piadoso, por que chaman crime ir en busca da morte que tarda, cando a un esta vida lle cansa e lle afrixe? Cargado de penas, ¿que peito resiste? ¿Cal rendido viaxeiro non quere busca-lo descanso que o corpo lle pide? ¿Por que se un non rexe as dores que o oprimen, por […]

Pasade

Brila, raio da aurora, cal un sono de paz branco e purísimo; ¿a aquel que naceu cego, que lle importa o teu fulgor divino? Xemí, serenas ondas, co romor dos pinares; músicas, ¡ai!, e cantos i harmonías, para un xordo, ¿que valen? ¡Pasá!… pasade, hermosas, feitizo dos que esperan e dos que aman; amores e […]

Estranxeira na súa patria

Estranxeira na súa patria   Na xa vella baranda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo.     Interminable precesión de mortos, uns en corpo no-máis, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño, que monótono e branco relumbraba tal como un lenzo nun herbal tendido.     Contemprou cal pasaban […]

Que pracidamente brilan

Que pracidamente brilan o río, a fonte i o sol. Canto brilan…. mais non brilan para min, non. Cal medran herbas e arbustos, cal brota na arbor a frol. Mais non medran, nin frorecen para min, non. Cal cantan os paxariños enamoradas canciós. Mais anque cantan, non cantan para min, non. Cal a natureza hermosa […]