Aventura é traidora Tembra a que unha inmensa dicha neste mundo te sorprenda; grorias, aquí, sobrehumanas, tran desventuras supremas. Nin maxines que pasan os dores como pasan os gustos na terra; ¡hai infernos na memoria, cando n’os hai na concencia! Cal arraigan as hedras nos muros, nalgúns peitos arraigan as penas, e unhas van minando a vida cal minan outras as pedras. Si; tembra, […]
Aventura é traidora
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/01/13/aventura-e-traidora/
Cando penso que te fuches
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/01/06/cando-penso-que-te-fuches/
Cava lixeiro, cava,
Cava lixeiro, cava, xigante pensamento, cava un fondo burato onde a memoria do pasado enterremos. ¡Á terra cos difuntos! ¡Cava, cava lixeiro! E por lousa daraslle o negro olvido, i a nada lle darás por simiterio.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/30/cava-lixeiro-cava/
¡Mar!, cas túas auguas sin fondo
¡Mar!, cas túas auguas sin fondo, ¡ceo!, ca túa imensidá, o fantasma que me aterra axudádeme a enterrar. É máis grande que vós todos e que todos pode máis… cun pé posto onde brilan os astros, e outro onde a cova me fan. Impracabre, bulrón e sañudo, diante de min sempre vai, i amenaza perseguirme hastra a mesma eternidá.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/23/mar-cas-tuas-auguas-sin-fondo/
O toque da alba
O toque da alba Da Catredal campana, grave, triste e sonora, cando ó raiar do día o toque da alba tocas, no espazo silencioso soando malencónica, as túas bataladas non sei que despertares me recordan. Foron algúns tan puros coma o fulgor da aurora, outros cal a esperanza que o namorado soña, i á derradeira inquietos, mitá luz, mitá sombras, mitá un pracer sin nome, e mitá […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/16/o-toque-da-alba/
Por que, miña almiña
¿Por que, miña almiña, por que ora non queres o que antes querías? ¿Por que, pensamento, por que ora non vives de amantes deseios? ¿Por que, meu esprito, por que ora te humildas, cando eras altivo? ¿Por que, corazón, por que ora non falas falares de amor? ¿Por que xa non bates co doce batido que calma os pesares? ¿Por […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/09/por-que-mina-almina/
Ladraban contra min, que camiñaba
Ladraban contra min, que camiñaba casi que sin alento, sin poder co meu fondo pensamento i a pezoña mortal que en min levaba. I a xente que topaba, ollándome a mantenta, do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaba. I eso que nada máis que a adiviñaba. Si a souperan, ¡Dios mío!, -pensei tembrando- contra min volvera a corrente do río. […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/02/ladraban-contra-min-que-caminaba/
Quen non xime
¿Quen non xime? Luz e progreso en todas partes… pero as dudas nos corazós, e bágoas que un non sabe por que corren, e dores que un non sabe por que son. Outro cantar, din, cansados deste estribilo, os que chegando van nunha nova fornada, e que andan cegos buscando o que índa non hai. ¡Réprobos!… Sempre ó […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/25/quen-non-xime/
Cando me poñan o hábito
Cando me poñan o hábito, se é que o levo; cando me metan na caixa se é que a teño; cando o responso me canten, se hai con que pagarlle ós cregos, e cando dentro da cova… ¡Que inda me leve San Pedro se só ó pensalo non río con unha risa dos deños! ¡Que […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/11/cando-me-ponan-o-habito/
Abride, as frescas rosas
Abride, as frescas rosas;brilade, os carabeles;do seu xardín, os árbores, vestivoscas lindas follas verdes.Parra que un tempo sombra nos prestaches,a cubrirvos de pámpanos volvede.Natureza fermosa,a mesma eternamente,dille ós mortais, de novo ós loucos dille¡que eles no máis perecen!
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/04/abride-as-frescas-rosas/