ADIOS!

 ¡Adios!    ¡Adios!, montes e prados, igrexas e campanas, ¡adios!, Sar e Sarela, cubertos de enramada, ¡adios!, Vidán alegre, moíños e hondanadas, Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas, San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas, Balvis, para min sempre o das fondas lembranzas, Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa, vidas da miña vida, anacos das […]

¡Silencio!

– XX – ¡Silencio! A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas; sentindo como loitan, en sin igual batalla, inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a […]

Ando buscando meles e frescura

– XIX – Ando buscando meles e frescura para os meus labios secos, i eu non sei como atopo nin por onde, queimores e amarguexos. Ando buscando almibres que almibaren estos meus agres versos, i eu non sei como, nin por onde, sempre se lles atopa un fero. I o ceo e Dios ben saben […]

Co seu xordo e costante mormorio

– XVIII – Co seu xordo e costante mormorio atraime o oleaxen dese mar bravío, cal atrai das serenas o cantar. -Neste meu leito misterioso e frío, dime, ven brandamente a descansar. El namorado está de min… o deño, i eu namorada del. Pois saldremos co empeño, que, se el me chama sin parar, eu […]

Mais vé que o meu corazón

– XVII – Mais vé que o meu corazón é unha rosa de cen follas, i é cada folla unha pena que vive apegada noutra. Quitas unha, quitas dúas, penas me quedan de sobra; hoxe dez, mañán corenta, desfolla que te desfolla… ¡O corazón me arrincaras desque as arrincares todas!

Cando era tempo de inverno

– XVI – Cando era tempo de inverno pensaba en donde estarías, cando era tempo de sol pensaba en donde andarías. ¡Agora… tan soio penso, meu ben, si me olvidarías!

A un batido, outro batido

– XV – A un batido, outro batido, a unha dor, outro delor, tras dun olvido, outro olvido, tras dun amor, outro amor. I ó fin de fatiga tanta e de tan diversa sorte, a vellés que nos espanta, ou o repousar da morte.

Aquel romor de cántigas e risas

– XIV – Aquel romor de cántigas e risas, ir, vir, algarear; aquel falar de cousas que pasaron i outras que pasarán; aquela, en fin, vitalidade inquieta xuvenil, tanto mal me fixo, que lles dixen: Ivos e non volvás. Un a un desfilaron silenciosos por aquí, por alá, tal como cando as contas dun rosario […]

Xa nin rencor nin desprezo

– XIII – Xa nin rencor nin desprezo, xa nin temor de mudanzas, tan só unha sede… unha sede dun non sei qué que me mata. Ríos da vida, ¿onde estades? ¡Aire!, que o aire me falta. -¿Que ves nese fondo escuro? ¿Que ves que tembras e calas? -¡Non vexo! Miro, cal mira un cego […]

Hoxe ou mañán, quen pode decir cando?

– XII – Hoxe ou mañán, ¿quen pode decir cando? Pero quisais moi logo, viranme a despertar, i en vez dun vivo, atoparán un morto. Ó rededor de min levantaranse xemidos dolorosos, aies de angustia, choros dos meus fillos, dos meus filliños orfos. I eu sin calor, sin movemento, fría, muda, insensibre a todo así […]