Cando un é moi dichoso, moi dichoso

– XI – Cando un é moi dichoso, moi dichoso, ¡incomprensibre arcano!, casi que -n’e mentira anque a pareza- lle a un pesa do ser tanto. ¡Que no fondo ben fondo das entrañas hai un deserto páramo que non se enche con risas nin contentos, senón con froitos do delor amargos! Pero cando un tén […]

Unha vez tiven un cravo

– X – Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que en día e noite sin cesar choraba cal chorou Madanela na pasión. «Señor, […]

Paz, paz deseada

– IX – Paz, paz deseada: Pra min, ¿onde está? Quixais n’hei de tela… ¡N’a tiven xamais! Sosego, descanso, ¿onde hei de o atopar? Nos mals que me matan, na dor que me dan. ¡Paz!, ¡paz, ti es mentira! ¡Pra min non a hai!

Alá, pola alta noite

– VIII – Alá, pola alta noite, á luz da triste e moribunda lámpara, ou antre a negra oscuridad medosa, o vello ve pantasmas. Uns son árbores muchos e sin follas, outros, fontes sin auguas, montes que a neve eternamente crube, ermos que nunca acaban. I ó amañecer do día, cando ca última estrela aqueles […]

Algúns din: miña terra!

– VII – Algúns din: ¡miña terra! din outros: ¡meu cariño! I este: ¡miñas lembranzas! I aquel: ¡os meus amigos! Todos sospiran, todos, por algún ben perdido. Eu só non digo nada, eu só nunca sospiro, que o meu corpo de terra i o meu cansado esprito, a donde quer que eu vaia, van conmigo.

Que pasa ó redor de min?

VI ¿Que pasa ó redor de min? ¿Que me pasa que eu non sei? Teño medo dunha cousa que vive e que non se vé. Teño medo á desgracia traidora que vén, e que nunca se sabe onde vén.

¡Follas novas!, risa dáme

V ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal se a unha moura ben moura branca lle oise chamar. Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas, coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís… ¡Se na gándara brotades, como non serés así!

Diredes destos versos, i é verdade

IV Diredes destos versos, i é verdade, que tén estrana insólita harmonía, que neles as ideas brilan pálidas cal errantes muxicas que estalan por instantes, que desaparecen xiña, que se asomellan á parruma incerta que voltexa no fondo das curtiñas, i ó susurro monótono dos pinos da beiramar bravía. Eu direivos tan só que os […]

Tal como as nubes

III Tal como as nubesque impele o vento,i agora asombran, i agora alegranos espazos inmensos do ceo,así as ideasloucas que eu teño,as imaxes de múltiples formas,de estranas feituras, de cores incertos,agora asombran,agora acrarano fondo sin fondo do meu pensamento. (De Vagedás )

Ben sei que non hai nada

Ben sei que non hai nadanovo en baixo do ceo,que antes outros pensaronas cousas que ora eu penso.E ben, ¿para que escribo?E ben, porque así semos,relox que repetimoseternamente o mesmo. (De Vaguedás)