Dábanse bíco-las pombas, voaban as anduriñas, xogaba o vento coas herbas pobradas de margaridas, i as lavandeiras cantaban méntra-la fonte corría. Fóronse indo unha tras doutra, i alí se quedou soíña, ca triste frente incrinada cabe unha arcada sombrisa… Estonces, non sei que sombras, quizais de memorias vivas, quizais dos frades […]
NO CRAUSTRO
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/05/15/no-craustro/
Dende aquí vexo un camiño
Dende aquí vexo un camiño que non sei adonde vai; polo mismo que n’o sei, quixera o poder andar. Istreitiño sarpentea antre prados e nabals, i anda ó feito, aquí escondido, relumbrando máis alá. Mais sempre, sempre tentándome co seu lindo crarear, que eu penso, non sei por que, nas vilas que correrá, […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/05/11/dende-aqui-vexo-un-camino/
Anque me dés viño do Ribeiro de Avia
-Anque me dés viño do Ribeiro de Avia, tódolos almibres e tódalas viandas das que os reises comen e no mundo haxa, ña madre querida, non sei que me falta. Anque me traiades como un santo en palmas e que me poñades tódalas galas e que me levedes á corte de España, […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/05/08/anque-me-des-vino-do-ribeiro-de-avia/
Médico, doille a cabeza…
-Médico, doille a cabeza… Zuruzán, doille unha man… Mais se é que o esprito lle doi, ¿que menciña lle darás? -Para infirmidades das almas na terra cura non hai; pídelle a Dios que cha leve; quizás no ceu sandará.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/05/04/medico-doille-a-cabeza/
O meu olido máis puro
O meu olido máis puro dérache si eu fora rosa, o meu marmurio máis brando si é que do mar fora onda. O bico máis amoroso se fose raio da aurora, si Dios… Mais ben sei que ti non qués de min nin a groria.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/05/01/o-meu-olido-mais-puro/
¡Quérome ire, quérome ire!
¡Quérome ire, quérome ire! Para donde, non o sei. Cégame os ollos a brétema. ¿Para donde hei de coller? N’acougo cunha inquietude que non me deixa vivir: quero e non sei o que quero, que é todo igual para min. Quérome ire, quérome ire, din algúns que a morrer […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/27/querome-ire-querome-ire/
N’É DE MORTE
-¿Xa estás de volta, Rosa de Anido? ¡Eu non coidara verte tan cedo! I as meigas todas contigo, Rosa, aló na vila seica andiveron, que de difunto tes a colore i a vista brava, i o falar seco. -É que de pena, da terra lonxe, pouquiño a pouco me iba morrendo; mais… […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/24/ne-de-morte/
VIVIR PARA VER
Marcháchete un día, ti, aquel que eu quería; fuxiste da terra que tanta alegría i encantos encerra. Dixeches: “María, máis dose que as meles, máis linda que as frores, paloma sin feles, non chores, non chores, que ausencia envivece, non mata, n’esquece os doses amores que a dicha axuntou. ¡Eu voume…!, mais […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/20/vivir-para-ver/
Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!
Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…! ¿Adonde vás? ¿A donde? Adonde, si eu non o digo, naide o sabrá. Da fonte ó río, do río á veiga, da veiga ó mar. ¿Que buscás, tolos…? Si e non o digo, naide o sabrá. […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/17/meus-pensamentos-cal-voas-tolos/
Eu levo unha pena
Eu levo unha pena gardada no peito; eu lévoa, e non sabe ninguén por que a levo. Orelas vizosas do Miño sereno, onde o paxariño ten o seu espello, i antre as margaridas pacen os cordeiros, vós soias sabedes o meu sentimento. Cabo dunha pena onde mana un rego, á sombra dun […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/13/eu-levo-unha-pena/