Xuri do II certame de curtametraxes Curtas para Rosalía

O pasado 24 de febreiro remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no II certame de Curtas para Rosalía. Presentáronse e admitíronse a concurso un total de 6 obras que procedemos a describir: 1) Mercares galegos de Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez Soto.     Duración: 2′ 49”  Formato: DV Pal   […]

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria

Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia […]

Tembra un neno no húmido pórtico

Tembra un neno no húmido pórtico… Da fame e do frío ten o sello o seu rostro de ánxel, inda hermoso, mais mucho e sin brillo. Farrapento e descalzo, nas pedras os probes peíños, que as xiadas do inverno lañaron, apousa indeciso; pois parés que llos cortan coitelos de aceirados fíos. Coma can sin palleiro […]

Fas un versos …, ai que versos!

Fas uns versos… ¡ai, que versos! Pois cal eles non vin outros, todos empedregullados, e de cotomelos todos, parecen feitos adrede para lerse a sopramocos.

É verdade que un pode

«É verdade que un pode ser pior ou millor, pero vir de bon tronco, eso sempre foi bo. Teus pais eran xitanos, e ti hoxe eres marqués, masque… que ó fin i ó cabo un vén de donde vén. Can fillo dun raposo, que o teñan por leal; que si non come os pitos e […]

Sarna con gusto non pica

Sarna con gusto, non pica; o conto é sarna sin él, i o verdadeiro castigo no máis fondo ha de doer. Non é sufrir chorar sangre, ós pés de quen un quer ben; del vivir lonxe e olvidado… ¡este si que penar é!

Teño un mal que non ten cura

Teño un mal que non tén cura, un mal que naceu comigo, i ese mal tan enemigo levarame á sepultura. Curandeiros, ceruxanos, dotores en medeciña, pra esta infirmidade miña n’hai remedio antre os humanos. Deixá, pois, de remexer con concencia ou sin concencia, os libros da vosa cencia, pois para min n’han de ter. ¿Que […]

– Premita Dios que te vexas

-Premita Dios que te vexas cal as cóbregas arrastro, que a iaugua que a beber vaias che se volva xaramagos, que pidas e non atopes pousada, acougo, n’amparo; e que inda morto de fame quedes ó pé dun valado. -Praguea, boca, praguea mentras que en me vou marchando; pragas de malas mulleres nunca lle can […]

Agora cabelos negros

Agora cabelos negros, máis tarde cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos querbados, hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado. Morte negra, morte negra, cura de dores e engaños: ¿por que non máta-las mozas antes que as maten os anos?

Decides que o matrimonio

Decides que o matrimonio é santo e bueno. Seraio; mais non casou san Antonio, por máis que o mesmo demonio tentouno a face-lo ensaio. Celicios, cantos poder; penitencias, a Dios dar; mais santo n’houbo, a meu ver, que dos casados quixer ca pesada cruz cargar. Nin os santos padres todos, de quen tes tantos escritos […]