All posts in category Follas Novas

Tas-tis!, ¡Tas-tis!, na silenciosa noite

¡Tas-tis!, ¡Tas-tis!, na silenciosa noite con siniestro compás repite a péndola, mentras a frecha aguda, marcando un i outro instante antre as tiniebras, do relox sempre imóbil recorre lentamente a limpa esfera. Todo é negrura en baixo, e só na altura inmensa, só na anchura sin límites do ceo con inquietú relumbra algunha estrela, cal […]

Dios puxo un velo enriba

Dios puxo un velo enriba dos nosos corazóns, velo que oculta abismos que El pode ollar tan só. Cando eu penso o que viran no que adorando estou homilde e de rodillas cal se adora al Señor, se este velo caíse de repente antre os dous, tembro… e incrinando a frente digo: «¡que sabio é […]

A xusticia pola man

Aqués que tén fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde en vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería, […]

No ceo, azul crarísimo

No ceo, azul crarísimo; no chan, verdor intenso; no fondo da alma miña, todo sombriso e negro. ¡Que alegre romaría! ¡Que risas e contentos!… I os meus ollos en tanto de bágoas están cheos. Cubertos de verdura, brilan os campos frescos, mentras que a fel amarga rebosa no meu peito.

O pazo de A***

O pazo de A*** Era ó caer da tarde, encomenzaba o cántico dos grilos, xorda a presa ruxía, brilaban lonxe os lumes fuxitivos. Ó pe do monte, maxestuoso erguíase na aldea escura o caserón querido, ca oliva centenaria de cortinax ó ventanil servindo. Deserta a escalinata, soio o paterno niño, e enriba del caendo misteriosas […]

Lévame a aquela fonte cristaíña

 Lévame a aquela fonte cristaíña onde xuntos bebemos as purísimas auguas que apagaban sede de amor e llama de deseios. Lévame pola man cal noutros días… mais non, que teño medo de ver no cristal líquido a sombra daquel negro desengano sin cura nin consolo, que antre os dous puxo o tempo

Aventura é traidora

Aventura é traidora     Tembra a que unha inmensa dicha neste mundo te sorprenda; grorias, aquí, sobrehumanas, tran desventuras supremas. Nin maxines que pasan os dores como pasan os gustos na terra; ¡hai infernos na memoria, cando n’os hai na concencia!     Cal arraigan as hedras nos muros, nalgúns peitos arraigan as penas, e unhas van minando a vida cal minan outras as pedras. Si; tembra, […]

Cando penso que te fuches

Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es […]

Cava lixeiro, cava,

Cava lixeiro, cava, xigante pensamento, cava un fondo burato onde a memoria do pasado enterremos. ¡Á terra cos difuntos! ¡Cava, cava lixeiro! E por lousa daraslle o negro olvido, i a nada lle darás por simiterio.

¡Mar!, cas túas auguas sin fondo

¡Mar!, cas túas auguas sin fondo, ¡ceo!, ca túa imensidá, o fantasma que me aterra axudádeme a enterrar.     É máis grande que vós todos e que todos pode máis… cun pé posto onde brilan os astros, e outro onde a cova me fan.     Impracabre, bulrón e sañudo, diante de min sempre vai, i amenaza perseguirme hastra a mesma eternidá.