O toque da alba Da Catredal campana, grave, triste e sonora, cando ó raiar do día o toque da alba tocas, no espazo silencioso soando malencónica, as túas bataladas non sei que despertares me recordan. Foron algúns tan puros coma o fulgor da aurora, outros cal a esperanza que o namorado soña, i á derradeira inquietos, mitá luz, mitá sombras, mitá un pracer sin nome, e mitá […]
O toque da alba
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/16/o-toque-da-alba/
Por que, miña almiña
¿Por que, miña almiña, por que ora non queres o que antes querías? ¿Por que, pensamento, por que ora non vives de amantes deseios? ¿Por que, meu esprito, por que ora te humildas, cando eras altivo? ¿Por que, corazón, por que ora non falas falares de amor? ¿Por que xa non bates co doce batido que calma os pesares? ¿Por […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/09/por-que-mina-almina/
Ladraban contra min, que camiñaba
Ladraban contra min, que camiñaba casi que sin alento, sin poder co meu fondo pensamento i a pezoña mortal que en min levaba. I a xente que topaba, ollándome a mantenta, do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaba. I eso que nada máis que a adiviñaba. Si a souperan, ¡Dios mío!, -pensei tembrando- contra min volvera a corrente do río. […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/12/02/ladraban-contra-min-que-caminaba/
Quen non xime
¿Quen non xime? Luz e progreso en todas partes… pero as dudas nos corazós, e bágoas que un non sabe por que corren, e dores que un non sabe por que son. Outro cantar, din, cansados deste estribilo, os que chegando van nunha nova fornada, e que andan cegos buscando o que índa non hai. ¡Réprobos!… Sempre ó […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/25/quen-non-xime/
Cando me poñan o hábito
Cando me poñan o hábito, se é que o levo; cando me metan na caixa se é que a teño; cando o responso me canten, se hai con que pagarlle ós cregos, e cando dentro da cova… ¡Que inda me leve San Pedro se só ó pensalo non río con unha risa dos deños! ¡Que […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/11/cando-me-ponan-o-habito/
Abride, as frescas rosas
Abride, as frescas rosas;brilade, os carabeles;do seu xardín, os árbores, vestivoscas lindas follas verdes.Parra que un tempo sombra nos prestaches,a cubrirvos de pámpanos volvede.Natureza fermosa,a mesma eternamente,dille ós mortais, de novo ós loucos dille¡que eles no máis perecen!
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/11/04/abride-as-frescas-rosas/
Amores cativos
Era delor i era cólera,era medo i aversión,era un amor sin medida,¡era un castigo de Dios!Que hai uns negros amores de índole pezoñenta,que privan os espritos, que turban as concencias,que morden se acariñan, que cando miran queiman,que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.Máis val morrer de friaxenque quentarse á súa fogueira.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/10/28/amores-cativos/
Bos amores
Bos amores Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen nunha mañán de Maio, hai amores soaves que n’inda vir se sinten, nin se ve cando entraren pola mimosa porta que o corazón lles abre de seu, cal se abre no agosto a frol ó orballo da tarde. E sin romor nin queixa, […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/10/21/bos-amores/
Deixa que nesa copa en donde bebes
Deixa que nesa copa en donde bebes as dozuras da vida, unha gota de fel, unha tan soio, o meu dorido corazón esprima. Comprenderás estonces como abranda a delor as pedras frías, anque abrandar non poida almas de ferro e peitos homicidas.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/10/14/deixa-que-nesa-copa-en-donde-bebes/
Ti onte, mañán eu
Ti onte, mañán eu Caín tan baixo, tan baixo, que a luz onda min non vai; perdín de vista as estrelas e vivo na escuridá. Mais, agarda… ¡o que te riches insensibre ó meu afán! Inda estou vivo… inda podo subir para me vingar. Tirá pedras ó caído, tiraille anque sea un cento; tirá… que, […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/10/07/ti-onte-manan-eu/