Cada noite eu chorando pensaba… que esta noite tan grande non fora, que durase… e durase antre tanto que a noite das penas me envolve loitosa. Mais a luz insolente do día, costante e traidora, cada amañecida penetraba radiante de groria hastra o leito donde eu me tendera coas miñas congoxas. Desde estonces busquei as […]
Cada noite eu chorando pensaba…
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/09/30/cada-noite-eu-chorando-pensaba/
¡Corré, serenas ondas cristaíñas,
¡Corré, serenas ondas cristaíñas, pasade en calma e maxestosas, como as sombras pasan dos groriosos feitos! ¡Rodade sin descanso, como rodan á eternidá xeneraciós sin número que cal eu vos contempro, contempráronvos! Daime vosos perfumes, lindas rosas, da sede que me abrasa, craras fontes, apagade o queimor… nubes de gasa, cubrí cal velo de lixeiro […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/09/23/corre-serenas-ondas-cristainas/
Na Catedral
Na catedral Como algún día, polos corrunchos do vasto tempro, vellos e vellas, mentras monean, silvan as salves i os padrenuestros; i os arcebispos nos seus sepulcros, reises e reinas con gran sosego na paz dos mármores tranquilos dormen, mentras no coro cantan os cregos. O órgano lanza tristes cramores, os das campanas responden lexos, […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/09/16/na-catedral/
Rico ou probe, algún día
Rico ou probe, algún día ¡con que contento e pracidez folgaba! I agora, probe ou rico, ó desdichado ¡todo, todo lle falta! En balde veñen días, pasan anos, e inda sigros pasaran; se hai abondosas fontes que se secan, tamén as hai que eternamente manan; mais as fontes perenes nesta vida son sempre envenenadas. Nelas o esprito que ofendido pena, na humidá […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/09/09/rico-ou-probe-algun-dia/
¡Cal as nubes no espazo sin límites
¡Cal as nubes no espazo sin límites errantes voltexan! Unhas son brancas, outras son negras; unhas, pombas sin fel me parecen, despiden outras luz de centela… Sopran ventos contrarios na altura i á desbandada, van levándoas sin orden nin tino, nin en sei pra onde, nin sei por que causa. Van levándoas, cal levan os anos os nosos ensoños i a nosa esperanza.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/09/02/cal-as-nubes-no-espazo-sin-limites/
Grilos e ralos, rans albariñas,
Grilos e ralos, rans albariñas, sapos e bichos de todas cras, mentras ó lonxe cantan os carros, ¡que serenatas tan amorosas nos nosos campos sempre nos dan! Tan só acordarme delas, non seí o que me fai, nin sei se é ben, nin sei se é mal.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/08/26/grilos-e-ralos-rans-albarinas/
ADIOS!
¡Adios! ¡Adios!, montes e prados, igrexas e campanas, ¡adios!, Sar e Sarela, cubertos de enramada, ¡adios!, Vidán alegre, moíños e hondanadas, Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas, San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas, Balvis, para min sempre o das fondas lembranzas, Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa, vidas da miña vida, anacos das […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/08/19/adios/
¡Silencio!
– XX – ¡Silencio! A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas; sentindo como loitan, en sin igual batalla, inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/08/12/silencio/
Ando buscando meles e frescura
– XIX – Ando buscando meles e frescura para os meus labios secos, i eu non sei como atopo nin por onde, queimores e amarguexos. Ando buscando almibres que almibaren estos meus agres versos, i eu non sei como, nin por onde, sempre se lles atopa un fero. I o ceo e Dios ben saben […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/08/05/ando-buscando-meles-e-frescura/
Co seu xordo e costante mormorio
– XVIII – Co seu xordo e costante mormorio atraime o oleaxen dese mar bravío, cal atrai das serenas o cantar. -Neste meu leito misterioso e frío, dime, ven brandamente a descansar. El namorado está de min… o deño, i eu namorada del. Pois saldremos co empeño, que, se el me chama sin parar, eu […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2009/07/29/co-seu-xordo-e-costante-mormorio/