All posts in category Follas Novas

Ó sol fun quentarme

        Ó sol fun quentarme,    doume escallofríos,    cal si o Norte bravo    me arrastrase arisco.    Sentín unha gaita    de alegre sonido,    i os cabelos todos    puñéronseme irtos;    e tembrei cal tembra    na beira do río    herba que a corrente    toca cos seus limos.        Miña alma dorida,    meu corpo inxeliño,    faivos mal a gaita,   […]

Como lle doi a ialma

        ¡Como lle doi a ialma,    pero canto lle doi!    De día nin de noite    non para ca delor.    ¡Señor, vó-la fixeche;    Señor, curaina vós!         I o corazón ferido,    tamén ¡canto lle doi!    I eu ben sei que non pode    sandar do corazón.    ¡Señor, daille descanso    na terra que a criou!    ¡Que […]

NO CRAUSTRO

        Dábanse bíco-las pombas,    voaban as anduriñas,    xogaba o vento coas herbas    pobradas de margaridas,    i as lavandeiras cantaban    méntra-la fonte corría.        Fóronse indo unha tras doutra,    i alí se quedou soíña,    ca triste frente incrinada    cabe unha arcada sombrisa…        Estonces, non sei que sombras,    quizais de memorias vivas,    quizais dos frades […]

Dende aquí vexo un camiño

        Dende aquí vexo un camiño    que non sei adonde vai;    polo mismo que n’o sei,    quixera o poder andar.    Istreitiño sarpentea    antre prados e nabals,    i anda ó feito, aquí escondido,    relumbrando máis alá.    Mais sempre, sempre tentándome    co seu lindo crarear,    que eu penso, non sei por que,    nas vilas que correrá,   […]

Anque me dés viño do Ribeiro de Avia

        -Anque me dés viño do Ribeiro de Avia,    tódolos almibres e tódalas viandas    das que os reises comen e no mundo haxa,    ña madre querida, non sei que me falta.        Anque me traiades como un santo en palmas    e que me poñades tódalas galas    e que me levedes á corte de España,   […]

Médico, doille a cabeza…

        -Médico, doille a cabeza…    Zuruzán, doille unha man…    Mais se é que o esprito lle doi,    ¿que menciña lle darás?        -Para infirmidades das almas    na terra cura non hai;    pídelle a Dios que cha leve;    quizás no ceu sandará.

O meu olido máis puro

        O meu olido máis puro    dérache si eu fora rosa,    o meu marmurio máis brando    si é que do mar fora onda.    O bico máis amoroso    se fose raio da aurora,    si Dios… Mais ben sei que ti    non qués de min nin a groria.

¡Quérome ire, quérome ire!

        ¡Quérome ire, quérome ire!    Para donde, non o sei.    Cégame os ollos a brétema.    ¿Para donde hei de coller?         N’acougo cunha inquietude    que non me deixa vivir:    quero e non sei o que quero,    que é todo igual para min.         Quérome ire, quérome ire,    din algúns que a morrer […]

N’É DE MORTE

        -¿Xa estás de volta, Rosa de Anido?    ¡Eu non coidara verte tan cedo!    I as meigas todas contigo, Rosa,    aló na vila seica andiveron,    que de difunto tes a colore    i a vista brava, i o falar seco.        -É que de pena, da terra lonxe,    pouquiño a pouco me iba morrendo;    mais… […]

VIVIR PARA VER

        Marcháchete un día,    ti, aquel que eu quería;    fuxiste da terra    que tanta alegría    i encantos encerra.    Dixeches: “María,        máis dose que as meles,    máis linda que as frores,    paloma sin feles,    non chores, non chores,    que ausencia envivece,    non mata, n’esquece    os doses amores    que a dicha axuntou.    ¡Eu voume…!, mais […]