-Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bos ovos, andando o tempo. I hei de vendelos caros polo Xaneiro, i hei de xunta-los cartos para un mantelo, i heino de levar posto no casamento, i hei… -Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i […]
Vamos bebendo
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/05/05/vamos-bebendo/
Non hai peor meiga que unha gran pena
III Varia Non hai peor meiga que unha gran pena -Marianiña, vaite ó río.. -Deixá, ña nai, que aquí estea, que eu non vexa a luz do día, que a luz a min non me vexa. -¿Que estás dicindo, rapaza?… -Que onte á mañán na devesa a iauga se tornou roxa cando me fun lavar […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/04/28/non-hai-peor-meiga-que-unha-gran-pena/
Soia
Eran craros os días, risoñas as mañáns, i era a tristeza súa negra como a orfandá. Íñase á amañecida tornaba coa serán… mais que fora ou viñera ninguén llo iña a esculcar. Tomou un día leve camiño do areal… como naide a esperaba, ela non tornou máis. Ó cabo dos tres días botouna fóra o […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/04/21/soia/
¿Por que, Dios piadoso
¿Por que, Dios piadoso, por que chaman crime ir en busca da morte que tarda, cando a un esta vida lle cansa e lle afrixe? Cargado de penas, ¿que peito resiste? ¿Cal rendido viaxeiro non quere busca-lo descanso que o corpo lle pide? ¿Por que se un non rexe as dores que o oprimen, por […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/04/14/por-que-dios-piadoso/
Pasade
Brila, raio da aurora, cal un sono de paz branco e purísimo; ¿a aquel que naceu cego, que lle importa o teu fulgor divino? Xemí, serenas ondas, co romor dos pinares; músicas, ¡ai!, e cantos i harmonías, para un xordo, ¿que valen? ¡Pasá!… pasade, hermosas, feitizo dos que esperan e dos que aman; amores e […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/04/07/pasade/
Estranxeira na súa patria
Estranxeira na súa patria Na xa vella baranda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo. Interminable precesión de mortos, uns en corpo no-máis, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño, que monótono e branco relumbraba tal como un lenzo nun herbal tendido. Contemprou cal pasaban […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/03/30/estranxeira-na-sua-patria/
Que pracidamente brilan
Que pracidamente brilan o río, a fonte i o sol. Canto brilan…. mais non brilan para min, non. Cal medran herbas e arbustos, cal brota na arbor a frol. Mais non medran, nin frorecen para min, non. Cal cantan os paxariños enamoradas canciós. Mais anque cantan, non cantan para min, non. Cal a natureza hermosa […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/03/24/que-pracidamente-brilan/
Lúa descolorida
Lúa descolorida como cor de ouro pálido, vesme i eu non quixera me vises de tan alto. Ó espazo que recorres lévame, caladiña, nun teu raio. Astro das almas orfas, lúa descolorida, eu ben sei que n’alumas tristeza cal a miña. Vai contallo ó teu dono e dille que me leve a donde habita. Mais non lle contes nada, descolorida lúa, pois nin neste nin […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/03/17/lua-descolorida/
Maio longo … Maio longo
Maio longo… Maio longo, todo cuberto de rosas, para algús telas de morte, para outros telas de vodas. Maio longo, Maio longo, fuches curto para min, veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir.
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/03/10/maio-longo-maio-longo/
Amigos Vellos
Cando antre as naves tristes e frías de alto mural, cal elas fría, cal elas triste, ó ser da tarde vou a rezar, ¡que pensamentos loucos e estraños á miña mente veñen e van! Xordo silencio que eu xa conozo, que é meu amigo de anos atrás, pero que é cheo de outras lembranzas, pero […]
https://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/03/03/amigos-vellos/