{"id":149,"date":"2012-07-05T10:00:00","date_gmt":"2012-07-05T08:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/2012\/07\/05\/cantares-gallegos-prologo\/"},"modified":"2012-07-05T10:00:00","modified_gmt":"2012-07-05T08:00:00","slug":"cantares-gallegos-prologo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/2012\/07\/05\/cantares-gallegos-prologo\/","title":{"rendered":"CANTARES GALLEGOS &#8211; Pr\u00f3logo"},"content":{"rendered":"<p><!--[if gte mso 9]&gt;--><\/p>\n<p>Normal<br \/>\n0<br \/>\n21<\/p>\n<div align=\"justify\">\n<p align=\"justify\" class=\"MsoBodyText\">&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Grande atrevemento \u00e9, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou en sorte, dar \u00e1 luz un libro cuias p\u00e1xinas deb\u00edan estar cheias de sol, de harmon\u00eda e daquela naturalidade que, unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabri\u00f1as mimosas e sentidas, forma a maior belleza dos nosos cantos populares. \u00c1 poes\u00eda gallega, toda m\u00fasica e vaguedade, toda queixas, sospiros e doces sonrisi\u00f1as, mormuxando unhas veces cos ventos misteriosos dos bosques, brilando outras co raio de sol que cai sereni\u00f1o por enriba das auguas dun r\u00edo farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en frol, compr\u00edalle para ser cantada un esprito subrime e crista\u00ed\u00f1o, si as\u00ed o podemos decir; unha isnpiraci\u00f3n fecunda como a vexetaci\u00f3n que hermosea esta nosa privilexiada terra, e, sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, pra dar a conocer tantas bellezas de primeiro orden, tanto fuxitivo raio de hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo a quen moitos chaman est\u00fapido e a quen quisais xuzguen insesibre, estra\u00f1o \u00e1 devina poes\u00eda. Mais naide ten menos que eu te\u00f1o as grandes cualidades que son precisas pra levar&nbsp; a cabo obra tan dif\u00edcile, anque naide tampuco se pudo achar animado dun m\u00e1is bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso que queren facer b\u00e1rbaro os que non saben que aventaxa \u00e1s demais linguas en dosura e harmon\u00eda. Por esto, inda ach\u00e1ndome d\u00e9bil en forza e n&#8217;habendo deprendido en m\u00e1is escola que a dos nosos probes alde\u00e1ns, guiada s\u00f3lo por aqueles cantares, aquelas palabras cari\u00f1osas e aqueles xiros nunca olvidados que tan dosemente resoaron nos meus o\u00eddos desde a cuna e que foran recollidos polo meu coraz\u00f3n como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares, esforz\u00e1ndome en dar a conocer como algunhas das nosas po\u00e9ticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto dose e sonoro \u00e9 tan a prop\u00f3sito como o primeiro pra toda clase de versificaci\u00f3n.<span lang=\"GL\"><span><\/span><\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; As mi\u00f1as forzas, \u00e9 certo, quedaron moito m\u00e1is abaixo do que alcasaran os meus deseios, e por eso, comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, d\u00f3iome inda m\u00e1is da mi\u00f1a insuficensa. O Libro dos Cantares de D. Antonio Trueba, que me inspirara e dera alento para levar a cabo este traballo, pasou polo meu pensamento como un remorso, e casi asoman as b\u00e1goas \u00f3s meus ollos \u00f3 pensar como Galicia se levantar\u00eda hastra o lugar que lle corresponde si un poeta como Ant\u00f3n o dos Cantares fose o destinado para dar a conocer as s\u00faas bellezas e as s\u00faas costumes. Mais a mi\u00f1a infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo o m\u00e1is, tense que contentar cunhas p\u00e1xinas fr\u00edas e insulsas, que a penas ser\u00edan dinas de achegarse de lonxe \u00e1s portas do Parnaso como non fose polo nobre sentimento que as creou. \u00a1Que esto mesmo me sirva de disculpa pra os que xustamente quirtiquen as mi\u00f1as faltas, pois penso que o que se esforsa por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente \u00e1 s\u00faa patria, \u00e9 acreedore a algunha indulxencia!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Cantos, b\u00e1gos, queixas, sospiros, ser\u00e1ns, romer\u00edas, paisaxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola s\u00faa forma e colorido \u00e9 dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrev\u00edn a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera, i anque sea torpemente, \u00f3s que sin raz\u00f3n nin conocemento alg\u00fan nos despresan, que a nosa terra \u00e9 dina de alabanzas, e que a nosa lingua non \u00e9 aquela que bastardean e champurran torpemente nas m\u00e1is ilustrad\u00edsimas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por m\u00e1is que esta sea dura), desmostra a i\u00f1orancia m\u00e1is crara i a m\u00e1is imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia irm\u00e1n por probe que esta sea. Mais he aqu\u00ed que xuzgan o m\u00e1is despreciable e feio de Espa\u00f1a, cando acaso sea o m\u00e1si hermoso e dino de alabanza.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non quero ferir con esto a susceptibilidade de naide, anque, a decir verdade, ben poidera perdon\u00e1rselle este pequeno desafogo a quen tan ferida foi de todos. Mais eu que atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla que dan idea do deserto; eu que recorr\u00edn a feraz Extremadura e a extensa Mancha, donde o sol cai a promo alomeando mon\u00f3tonos campos donde o cor da palla seca presta un tono cansado \u00f3 paisaxe que rinde e entristece o esprito, sin unha herbi\u00f1a que distraia a mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado como a terra de donde os olivos co seu verde escuro, sembrados en fila e de raro en raro, parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada e tan alabada, e que, cansada e mon\u00f3tona como o resto daquel pa\u00edse, cart\u00f3n con \u00e1rbores postos simetricamente e en carreiri\u00f1os para diversi\u00f3n dos nenos, eu non podo menos que indignarme cando os fillos desas provincias que Dios favoreceu en fartura pero non na belleza dos campos, b\u00falranse desta Galicia competidora en clima e galanura cos pa\u00edses m\u00e1is encantadores da terra, esta Galicia donde todo \u00e9 espont\u00e1neo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto \u00e1 man de Dios.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, monta\u00f1as, ceos az\u00faes e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e malenc\u00f3nicos anque sempre hemosos como os tan alabados de Su\u00edza, ribeiras apacibres e sereni\u00f1as, cabos tempestuosos que aterran e adimiran pola s\u00faa xigantesca e xorda c\u00f3lera&#8230;, mares inmensos&#8230; \u00bfQue direi m\u00e1is? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en t\u00f3dalas estaci\u00f3ns de herbi\u00f1as e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derram\u00e1ndose fervedores e crista\u00ed\u00f1os, vran e inverno, xa polos riso\u00f1os campos xa en profundas e sombrisas hondanadas&#8230; Galicia \u00e9 sempre un xard\u00edn donde se respiran aromas puros, frescura e poes\u00eda&#8230; E a pesar desto chega a tanto a fatuidade dos i\u00f1orantes, a tanto a indina preocupaci\u00f3n que contra a nosa terra existe, que inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos dos que se bulran de n\u00f3s sin que xamais nos haian visto nin a\u00ednda de lonxe, que son os m\u00e1is), inda os que penetraron en Galicia e gozaron das delicias que ofrece, atrev\u00e9ronse a decir que Galicia era&#8230; \u00a1\u00a1un cortello inmundo&#8230;!! \u00a1I estos eran quisais fillos&#8230; de aquelas terras abrasadas de onde hastra os paxari\u00f1os foxen&#8230;! \u00bfQue diremos a esto? Nada m\u00e1is sin\u00f3n que taes fatuidades respecto de noso pa\u00eds te\u00f1en algunha comparanza cas dos franceses \u00f3 falar das s\u00faas eternas vitorias ganadas \u00f3s espa\u00f1oles. Espa\u00f1a nunca, nunca os venceu; polo contrario, sempre saleu vencida, derrotada, homillada; e o m\u00e1is triste desto \u00e9 que val antre eles tan infame mentira, as\u00ed como val pra a seca Castilla, pra a deserta Mancha e pra t\u00f3dalas demais provincias de Espa\u00f1a -ningunha comparada en verdadeira belleza de paisaxe coa nosa-, que Galicia \u00e9 o rinc\u00f3n m\u00e1is despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo est\u00e1 compensado, e v\u00e9n as\u00ed a sofrir Espa\u00f1a dunha naci\u00f3n veci\u00f1a que sempre a ofendeu, a misma inxusticia que ela, inda m\u00e1is culpabre, comete cunha provincia homillda de quen nunca se acorda, como non sea pra homillda inda m\u00e1is. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle m\u00e1is palpabre a Espa\u00f1a a inxusticia que ela \u00e1s s\u00faa vez connosco comete.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&amp;nb<br \/>\nsp; Foi este o m\u00f3bil principal que me impeleu a prubricar este libro que, m\u00e1is que nadie, conoso que necesita indulxencia de todos. Sin gram\u00e1tica nin regras de ningunha clas, o lector topar\u00e1 moitas veces faltas de ortograf\u00eda, xiros que disoar\u00e1n \u00f3s o\u00eddos dun purista; pro \u00f3 menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o consegu\u00edn en algo&#8230; si ben de unha maneira d\u00e9bil e froxa. \u00a1Queira o ceo que outro m\u00e1is afertunado que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aqu\u00ed se atopan, inda no rinc\u00f3n m\u00e1is escondido e olvidado, pra que asi, \u00f3 menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e ademiraci\u00f3n merecidas esta infortunada Galicia!<\/p>\n<\/div>\n<p><span lang=\"GL\"><\/span><\/p>\n<!-- AddThis Advanced Settings generic via filter on the_content --><!-- AddThis Share Buttons generic via filter on the_content -->","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Normal 0 21 &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Grande atrevemento \u00e9, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou en sorte, dar \u00e1 luz un libro cuias p\u00e1xinas deb\u00edan estar cheias de sol, de harmon\u00eda e daquela naturalidade que, unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabri\u00f1as mimosas e sentidas, forma a maior [&hellip;]<!-- AddThis Advanced Settings generic via filter on get_the_excerpt --><!-- AddThis Share Buttons generic via filter on get_the_excerpt --><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/149"}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=149"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/149\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=149"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=149"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=149"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}