{"id":81,"date":"2010-09-01T00:00:00","date_gmt":"2010-08-31T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/2010\/09\/01\/na-tomba-do-xeneral-ingles-sir-john-moore\/"},"modified":"2010-09-01T00:00:00","modified_gmt":"2010-08-31T22:00:00","slug":"na-tomba-do-xeneral-ingles-sir-john-moore","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/2010\/09\/01\/na-tomba-do-xeneral-ingles-sir-john-moore\/","title":{"rendered":"Na tomba do xeneral ingl\u00e9s sir John Moore"},"content":{"rendered":"<pre>Na tomba do xeneral ingl\u00e9s sir John Moore morto na batalla de Elvi\u00f1a (Coru\u00f1a) o 16<br \/> de xaneiro de 1809<br \/><br \/>                                                       A mi\u00f1a amiga Mar\u00eda Bertorini,<br \/>                                                            nativa do pa\u00eds de Gales.<br \/>                                                                        Coru\u00f1a, 1871<br \/>    \u00a1Cuan lonxe, canto, das escuras niebras,<br \/> dos verdes pinos, das ferventes olas<br \/> que o nacer viron!... dos paternos lares,<br \/> do ceo da patria que o alumou mimoso,<br \/> dos sitios, \u00a1ai! do seu querer, \u00a1que lexos!...<br \/> viu a caer, baixo enemigo golpe<br \/> pra nunca m\u00e1is se levantar, \u00a1coitado!<br \/> \u00a1Morrer as\u00edn en estranxeiras plaias,<br \/> morrer tan mozo, abandona-la vida<br \/> non farto a\u00ednda de vivir e ansiando<br \/> gustar da froita que coidado houbera!<br \/> \u00a1I en vez das ponlas do loureiro altivo<br \/> que do heroe a testa varonil coroan,<br \/> baixar \u00e1 tomba silenciosa e muda!...<br \/><br \/>    \u00a1Ouh brancos cisnes das britanas islas,<br \/> ouh arboredos que bord\u00e1s galanos<br \/> dos mansos r\u00edos as ribeiras verdes<br \/> i os frescos campos donde John correra!...<br \/> Se a v\u00f3s amargo xemidor sospiro<br \/> chegou daquel que no postreiro alento<br \/> vos dixo \u00a1adios! con amorosas ansias<br \/> a v\u00f3s volvendo o pensamento \u00faltimo,<br \/> que da s\u00faa mente se escapaba inxele,<br \/> \u00a1Con que pesar, con que dolor sin nome,<br \/> con que estra\u00f1eza sin igual dir\u00edades<br \/> tam\u00e9n \u00a1adios! \u00f3 que tan lonxe, tanto,<br \/> da patria, soio, a eternid\u00e1s baixaba!<br \/><br \/>    I o gran sill\u00f3n, a colgadura inm\u00f3bil<br \/> do para sempre abandonado leito;<br \/> a cinza fr\u00eda do fogar sin lume,<br \/> a branda alfombra que leal conserva<br \/> do p\u00e9 do morto unha sinal visibre,<br \/> o can que agarda polo dono ausente<br \/> i o busca errante por cami\u00f1os ermos,<br \/> as altas herbas da alameda escura<br \/> por onde el antes con sol\u00e1s paseaba,<br \/> o sempre igual mormoruxar da fonte<br \/> donde el nas tardes a sentarse i\u00f1a...<br \/> \u00a1Cal falar\u00edan sin parar de Moore,<br \/> co seu calado afrixidor lenguaxe,<br \/> \u00f3s ollos, \u00a1ai!, dos que por el choraban!<br \/> \u00a1Xa nunca m\u00e1is.... xa nunca m\u00e1is, \u00a1ouh!, triste,<br \/> ha de volver, onde por el esperan!<br \/> Parteu valente, a combatir con groria.<br \/> \u00a1Parteu, parteu!.... e non tornou, que a morte<br \/> segouno al\u00ed nos estranxeiros campos,<br \/> cal frol que cae onde a semilla s\u00faa<br \/> terra n'atopa en que arraigar poidera.<br \/><br \/>    Lonxe ca\u00edche, pobre jol\u00edn, da tomba<br \/> onde cos teus en descansar pensaras.<br \/> En terra allea inda os teus restos dormen<br \/> i os que te amaron e recordan inda,<br \/> mirando as ondas do velado Oceano,<br \/> doridos din, desde as nativas praias:<br \/> -\u00a1Al\u00f3 est\u00e1 el, tras dese mar brav\u00edo;<br \/> al\u00f3 quedou, quisais, quisais por sempre;<br \/> tomba onde naide vai chorar, cobexa<br \/> amadas cinzas do que n\u00f3s perdemos!...<br \/> I os tristes ventos i as caladas brisas<br \/> que os mortos aman si lexanos dormen<br \/> do patrio chan, a refrescarte ve\u00f1en<br \/> do vran na noite calorosa, e traen<br \/> pra ti nas alas cari\u00f1osas queixas,<br \/> brandos suspiros, amorosos ecos,<br \/> algunha b\u00e1goa sin secar, que molla<br \/> a seca pedra do mausoleo fr\u00edo,<br \/> do teu pa\u00eds alg\u00fan perfume agreste.<br \/><br \/>    \u00a1Mais que fermosa e sin igual morada<br \/> lle coupo en sorte \u00f3s teus mortales restos!...<br \/> \u00a1Quixera Dios que para ti non fora<br \/> nobre estranxeiro habitaci\u00f3n allea!...<br \/> Que n'hai poeta, enso\u00f1ador esprito<br \/> non pode haber que \u00f3 contemprar no outono<br \/> o mar de seca amarillenta folla<br \/> que o teu mausoleo con amor cobexa;<br \/> que \u00f3 contemprar nas alboradas frescas<br \/> do mes de Maio as sonrosadas luces<br \/> que alegres sempre a visitarche venen,<br \/> non diga: \u00ab\u00a1As\u00edn cando eu morrer, poidera<br \/> dormir en paz neste xard\u00edn frorido,<br \/> preto do mar.. do cimeterio lonxe!...\u00bb<br \/> Que ti n'escoitas enjam\u00e1s, \u00a1ouh, Moore!<br \/> Choros amargos, queixumbrosos rezos,<br \/> ni-os outros mortos a chamarte ve\u00f1en,<br \/> pra que con eles na calada noite<br \/> a incerta danza dos sepulcros bailes.<br \/> S\u00f3 doce alento do cogollo que abre,<br \/> da frol que mucha o postrimeiro adiose,<br \/> loucos rebuldos, infantiles risas<br \/> de lindos nenos que a esconderse ve\u00f1en<br \/> sin medo a ti tras do sepulcro branco.<br \/> I algunha vez, \u00a1moitas quizais!, sospiros<br \/> de ardente amor que o vento leva donde<br \/> Dios sabe s\u00f3... por sin igual compa\u00f1a<br \/> dichoso t\u00e9s na habitaci\u00f3n postreira.<br \/> \u00a1I o mar, o mar, o bravo mar que ruxe<br \/> cal ruxe aquel que te arrolou na cuna,<br \/> mora onda ti, v\u00e9n a bicar as pedras<br \/> dun chan de amor que con amor te garda,<br \/> i arredor teu deixa crece-las rosas!...<br \/> \u00a1Descansa en paz, descansa en paz, ouh, Moore!<br \/> E v\u00f3s que o am\u00e1s, do voso honor celosos,<br \/> fillos de Albi\u00f3n, permanecei tranquilos.<br \/> Terra fidalga \u00e9 nosa terra -tanto<br \/> cal linda Dios a quixo dar-, ben sabe<br \/> honra facer a quen merece honra,<br \/> i honrado as\u00ed, cal mereceu, foi Moore.<br \/> Soio n'est\u00e1 no seu sepulcro; un puebro<br \/> co seu respeto compasivo v\u00e9la<br \/> polo estranxeiro a quen traidora morte<br \/> fixo fincar lonxe dos seus, i a alleos<br \/> vir a pedir o derradeiro asilo.<br \/><br \/>    Cando do mar atraves\u00e9s as ondas<br \/> i \u00f3 voso irm\u00e1n a visitar vaiades,<br \/> po\u00f1\u00e9 na tomba o cari\u00f1oso o\u00eddo,<br \/> e se sent\u00eds rebuligar as cinzas<br \/> e se escoit\u00e1s indefinibres voces<br \/> e se entend\u00e9s o que esas voces digan,<br \/> a ialma vosa sentir\u00e1 consolo.<br \/> \u00a1El vos dir\u00e1 que arrededor do mundo<br \/> tomba mellor que a que atopou n'achara<br \/> sin\u00f3n dos seus antre o amoroso abrigo!<\/pre>\n<!-- AddThis Advanced Settings generic via filter on the_content --><!-- AddThis Share Buttons generic via filter on the_content -->","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na tomba do xeneral ingl\u00e9s sir John Moore morto na batalla de Elvi\u00f1a (Coru\u00f1a) o 16 de xaneiro de 1809 A mi\u00f1a amiga Mar\u00eda Bertorini, nativa do pa\u00eds de Gales. Coru\u00f1a, 1871 \u00a1Cuan lonxe, canto, das escuras niebras, dos verdes pinos, das ferventes olas que o nacer viron!&#8230; dos paternos lares, do ceo da patria [&hellip;]<!-- AddThis Advanced Settings generic via filter on get_the_excerpt --><!-- AddThis Share Buttons generic via filter on get_the_excerpt --><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/81"}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=81"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/81\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=81"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=81"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitaculas.as-pg.gal\/literaria\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=81"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}