
Data límite: antes das 14 horas do 11 de novembro de 2025
Data límite: antes das 14 horas do 11 de novembro de 2025
Formulario para enviar o vídeo (antes do 14 de novembro de 2025)
Entidades de Queremos Galego presentaron esta mañá en rolda de prensa os pormenores da “grande foliada pola lingua” que percorrerá as rúas de Compostela este sábado, 17 de maio, baixo o lema Lingua Vital xa. Celia Armas, coordinadora de Queremos Galego, pediu que a xente acuda con pandeiretas, percusión e ánimo, para expresar cantando a forza do noso idioma, e explicou que na manifestación do Día das Letras conflúen os máis de 20 plenarios de Queremos Galego que tiveron lugar ao longo das últimas semanas en outras tantas comarcas do país.
A marcha sairá ás 12h da Alameda, pasará diante do IES Rosalía de Castro e do IES San Clemente, polo Franco e a rúa Fonseca, ata concluír na praza do Obradoiro, onde a actriz Isabel Risco conducirá un acto no que intervirán a coordinadora e o voceiro de Queremos Galego e se presentarán as entidades que participarán no proceso social Lingua vital para concretar e executar os acordos xa tomados en relación ao idioma. Armas anunciou, tamén, que haberá buses a Compostela dende 30 localidades e animou a xente a buscar a súa na web queremosgalego.gal.
O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, salientou que “este 17 de maio é imprescindíbel saír á rúa”. “A Xunta está demostrando”, afirmou, “que só actúa se o pobo galego se mobiliza”. Neste sentido, Maceira asegura que “o medo á mobilización obrigou o PP a aparentar vontade de cumprir os acordos con supostas comisións, mais con limites estabelecidos para o ensino, a administración, os medios públicos ou mesmo os campamentos de verán”.
“A mobilización e a toma da iniciativa pola lingua pola sociedade galega é o único que pode facer mudar o rumbo do idioma e comezar a reverter a emerxencia lingüística”, recorda o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. “Hai que obrigar o PP e a Xunta a reaccionar a favor do idioma perante a emerxencia lingüística”, insiste. “O continuismo de Rueda na belixerancia contra o idioma debe parar”.
Maceira relacionou a “copia de iniciativas como un selo a empresas que usan o galego” coas mobilizacións sociais a prol da lingua, que -reitera- obrigaron a Xunta a “seguir os pasos de Queremos Galego”, “mentres continuaban coas accións contra o idioma, como a Lei da CRTVG ou a lei da Intelixencia Artificial, entre outras”.
O voceiro de Queremos Galego confía en que a mobilización deste 17 de maio será histórica, “decisiva para impulsar a mudanza de rumbo que o galego precisa”. “Os nosos netos e as nosas netas poderán dicir que poden seguir falando galego porque os seus pais e nais, avós e avoas estiveron na rúa defendendo o idioma que é seu”, abundou, “porque miles e miles de persoas, toda a forza, apoio e músculo social a favor do galego saíu á rúa e actuou para eliminar os programas que propoñen a súa destrución”.
Tanto Celia Armas como Marcos Maceira recordaron que este 17 de maio, día das nosas letras, será o da visibilización do proceso Lingua Vital, que contará coa participación de entidades sociais representativas de todos os sectores da sociedade, “non para inventar solucións máxicas, senón para propor accións que fagan realidade o que xa está acordado”. “A emerxencia lingüística precisa de responsabilidade e acción real e concreta”, abundou Maceira, “a base para esa acción está acordada, só falta porse a traballar. Coa mobilización e proceso social Lingua Vital procuramos asumir a responsabilidade da que desertou á Xunta”.
Tes aquí unha situación de aprendizaxe que che permitirá formar a túa propia opinión
Aquí tes o material para descargar:
CURTAS Gañadoras XIV Certame de Curtas da AS-PG
O xurado do XIV Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), en colaboración co Concello da Coruña, coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:
Lucía Catoira Pan, Directora de Fotografía
Manuel González, guionista, ensaísta e investigador cinematográfico
Martin Pawley, produtor, programador, crítico de cine e divulgador cinematográfico
Acordou por unanimidade declarar gañadoras da XIV edición do Certame:
CATEGORÍA XERAL
O 1º premio á Mellor Curta da XIV edición:
Sen ti, de Feyrouz Serhal
O 2º premio da XIV edición:
Orzán, de Omar Rabuñal Varela
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
O 1º Premio:
Ara Princesa de Corazón, do CRA Raíña Aragonta de Salceda de Caselas
O 2º Premio:
Eu fixen ouigha co espírito de Castelao, do CPI PL. de Vedra
O 3º Premio:
A luz traza o camiño, do IES Ramón Cabanillas de Cambados
O Xurado
A Coruña, 10 de decembro de 2024
O xurado do IV CERTAME COREOGRAFÍATE, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) nun apoio á música
realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega, formado por:
Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta IV edición do Concurso:
CATEGORÍA XERAL MELLOR COREOGRAFÍA:
1º PREMIO:
“Canta miña sombra” – Fillas de Casandra – Plié Dance School
2º PREMIO:
“Agullas de prata” – Escola Municipal de Danza (Oleiros) e May Dance
Studio (Fene)
CATEGORÍA MELLOR COREOGRAFÍA CENTROS DE ENSINO:
INFANTIL:
“Os Supercras” – CRA de Ribadumia
PRIMARIA:
“Cantares de Camariñas” – Alana – CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro
Debido a alta participación neste grupo, gustaríanos facer a maiores dúas mencións especiais polo traballo feito a dúas propostas:
– Mención especial pola Interpretación teatral – “As Moiras”, CEIP A Lomba
– Mención especial polo traballo conxunto de danza e canto – “O que é noso”, CEIP Pedro Barrié de la Maza, Sada
SECUNDARIA/BACHARELATO:
“Ancestros”; – IES A Sardiñeira
Moitos parabéns a todas as propostas, centros e colectivos participantes.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.