Dec 052019
 

A fase final do XVIII Concurso de Relato Oral TÍRALLE DA LINGUA, celebrouse o xoves pasado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Nesta edición participaron máis de 900 escolares acompañados do profesorado e varias familias.

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), leva dezaoito anos organizando esta proposta de dinamización da nosa lingua, dirixida ao alumnado e profesorado de EP, ESO e Ensino Postobrigatorio, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua.

A participación foi a máis alta de todos estes anos, mesmo tendo que desdobrar o concurso de forma simultánea por categorias. Ano tras ano, esta experiencia foise asentando nos centros de ensino, implicando ao profesorado cada vez máis, realizando unha fase previa nos centros para a selección de contadores e contadoras e historias que pasan logo a fase final.

Este proxecto foi posible grazas a colaboración da Deputación da Coruña

HISTORIAS GAÑADORAS TÍRALLE DA LINGUA 2019

2º Ciclo de ESO e Ensino Postobrigatorio

Primeiro premio para “Pasas que cousan”. Lidia Landín e Adriana Caldas do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo Premio para “Os cinco meigos”. Antón Chaín Murado, David Costa Graña, Carlos Fernández González, Jesús Fernández Vázquez e Brais Márquez Tarrío do IES Pedregal de Irimia. Meira

1º Ciclo de ESO

Primeiro premio para “Fóra do normal”. Sergio Monteagudo do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo premio para “Unha longa viaxe”. Sabrina Valado Muñoz do IES Aquis Querquernis. Bande

PRIMARIA
Primeiro premio para“Lobishome”. Grupo de 24 alumnas e alumnos do CPI de Zas
Segundo premio para “Quero ser outro”. Grupo Cardume do CEIP Fogar. Carballo

 Posted by at 14:02

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)