XXIII Xornadas de Educación Infantil Xornadas Mar 032021 A AS-PG e a CIG Ensino difundimos integramente as ponencias que tiveron lugar o sábado 27 de febreiro de 2021. Regueifa miúda. Alba María, filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral.Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas… Ler e escribir. Cando e como. Mª Teresa Neira González, mestra especialista en educación infantil no CEIP Pío XII, creadora de Recursos Educativos Abertos para o proxecto EDIA.· Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita.· Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación.· Aprender a deseñar “Secuencias Didácticas” estables e puntuais.· Exemplificacións. Ambientes de aprendizaxe e matemáticas. Mónica Corbacho Varela, mestra no CEIP Outeiro das Penas.A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente. A educación multisensorial como oportunidade de cambio. Rocío Castro Chenel , Beatriz Frontela Fulgueira , Nerea Cotelo Amado, mestras do CEIP Fogar de CarballoO proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa. “Cholo e Nela”, 25 anos de traballo en galego e en rede para educación infantil. Carlos Rodríguez Calvente, especialista en Educación Infantil no Ceip de Vilariño de Conso, orientador no CEE Manuel López Navalón.A Convivencia de Educación Infantil constitúe unha experiencia única no contexto do País e do estado español, un equipo de mestras e mestres de Infantil para organizar unha festa da transversalidade no curso 1996-1997.A experiencia estendeuse ata os nosos días… Cholo e Nela, falan galego e constitúen unha realidade, unha lembranza para cativiños e cativiñas daquela que hoxe andan perto dos 30 anos de idade. Sorry, the comment form is closed at this time.
Sorry, the comment form is closed at this time.