Concurso de Podcasts
Algo que contar? Algo que cantar?
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso coa finalidade de fomentar o uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación que poden ser canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento. Son formatos novos que poden potenciar novas formas e procesos expresivos.
Bases do concurso
- Os podcasts terán que ser gravacións orixinais que poderán versar sobre calquera tema.
- Todo o podcast estará en galego.
- Valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista), a comunicación e espontaneidade.
- Os/as participantes concursarán individualmente e ou en grupo. Poderán participar cun máximo de tres podcast.
- O resultado será unha peza radiofónica gravada nun arquivo .mp3 dunha extensión máxima de 10 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación.
- O concurso vai destinado a dúas categorías:
– Categoría xeral
– Centros de ensino
- Os podcasts participantes será publicados na nosa páxina web: https://www.as-pg.gal/Podcast/ dentro da canle Podcasts 2021.
- Haberá un primeiro premio de 300 euros para o mellor podcast de cada categoría. Un segundo premio de 200 euros en cada categoría.
- Inscrición:
As/os participantes deberán enviar a seguinte documentación
- Ficha de inscrición con todos os datos requeridos.
http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-Centros-de-Ensino.pdf
http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/FICHA-PARTICIPANTES-CATEGORIA-XERAL.pdf
- Na categoría de centros de ensino, fotocopia do director/directora e permiso das familias das persoas participantes.
As pezas gravadas deberán ser enviadas ao correo informacion@as-pg.gal. O prazo remata o 15 de decembro.
.
10. Xurado
A AS-PG como entidade organizadora, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecida profesionalidade do mundo da comunicación e da creación.
O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada categoría. Entre esas finalistas estarán as gañadoras.
A composición do xurado farase pública na web da AS-PG. O ditame do curado será inapelable.
11. Entrega de premios
As pezas gañadoras daranse a coñecer despois da deliberación, na web da AS-PG arredor do 20 de decembro. Non haberá acto de entrega de premios presencial pola situación sanitaria na que vivimos.
12. Responsabilidade
A persoa representante da obra será a única responsable legal do podcast.
As obras admitidas poden ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do concurso.
A participación neste concurso supón a aceptación plena destas bases.
A Coruña, outubro de 2021.
Sorry, the comment form is closed at this time.