Nov 162018
O xurado do VIII Certame de Curtas da AS-PG, contituído por:
Lucía Catoira Pan, directora de fotografía
José Manuel Sande, crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista
Raúl Veiga, director e guionista
reunido o xoves 15 de novembro, acordou por unanimidade declarar finalistas desta VIII edición:
1.- Categoría Centros de Ensino
Dióxenes, de Antón Etxeita Figueroa e Pablo Pazos Dominguez. IES Xelmirez II
Estou contigo, de Lara González e Iria Insua. IES Xelmirez II
Fals’e traedor, CEIP Do Carballal de Marín
2.- Categoría Mellor Curta VIII edición
Lembrar, de Diego Pazó
Memoria na pedra, de Paco Paz e Lucien Petitjean
Mofa, de Lucía Estévez
O acto de entrega de premios será o 27 de novembro ás 18h no CGAI ( Durán Loriga 10, A Coruña).