No día de hoxe fixemos un acto no CGAI que emitimos en streaming. Visionamos as curtas finalistas e a continuación, demos lectura á xustificación do fallo do xurado que vos achegamos neste artigo.
Categoría xeral:
1º premio:
ZONAS DE TRÁNSITO de Marcos Nine
2º premio:
CATRO ESCENAS DUNHA VILA de Xoán Fernández
Categoría Centros de ensino
1º premio:
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020 do IES ARZÚA
2º premio:
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO do IES MARÍA SOLIÑO
Accésit:
CATOIRA STYLE do CPI PROGRESO-CATOIRA
Xustificación do xurado formado por
- Roi Carballido, produtor Filmika Galaika
- Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega e guionista
- José María Rodríguez Armada, proxeccionista e restaurador no CGAI-Filmoteca de Galicia
Categoría Mellor Curta da X edición
Pola combinación de recursos audiovisuais na transmisión do relato que con elementos das vangardas históricas cinematográficas na imaxe e as vangardas de hoxe no seu espazo sonoro, constrúe un bucle onírico de atmosfera perturbadora que nos transporta ao centro mesmo dunha dimensión que abeira o límite dos soños e a realidade.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 1º premio a
ZONAS DE TRÁNSITO de Marcos Nine
Categoría Mellor Curta da X edición
Porque cunha estrutura limpa e sobria logra establecer unha conexión de carácter antropolóxico e sociolóxico entre o diario dunha vila e a poesía, e conseguindo que cada unha dos actos en que se divide teña entidade propia sen que se rompa a narrativa.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 2º premio a
CATRO ESCENAS DUNHA VILA de Xoán Fernández
Categoría Centros de Ensino
Polo seu valor informativo e didáctico cheo de frescura sen deixar de presentar o lado lúdico da celebración do Día das Letras, coa complexidade que supón a intervención dun número tal elevado de alumnado.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 1º premio a
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020 do IES ARZÚA
Categoría Centros de Ensino
Pola súa calidade estética e o seu fermoso traballo de pos-produción cun resultado visual e plástico case hipnótico en que o texto queda totalmente integrado.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 2º premio a
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO do IES MARÍA SOLIÑO
Así mesmo o xurado decidiu conceder un accésit a
CATOIRA STYLE do CPI PROGRESO-CATOIRA