Abr 282021
Foron unhas xornadas moi poéticas, coa presenza Eva Veiga, Olga Novo e Alba Cid e, así como Marta Dacosta presentado o coloquio. Xela Arias estivo tamén presente, da man de Yolanda Castaño, como non podía ser menos.
Por outra banda, Pilar Ponte, Noemí García, Alfonso Salgado e Alba María presentáronnos experiencias novidosas e motivadoras para o alumnado baseadas na súa docencia. Na nosa materia, a creatividade está sempre presente, como ben sabemos.
Finalmente, a Asociación Punto Gal e Nós Diario faláronnos de dous proxectos moi distintos, un deles xa botado a andar desde o ano pasado e outro que está en proceso de preparación.
Podedes ver os vídeos nesta listaxe de reprodución na nosa páxina:
Sorry, the comment form is closed at this time.