Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.
Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020

XX CONCURSO DE RELATO ORAL
TÍRALLE DA LINGUA
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado!
BASES DO CONCURSO
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…), dicción, dramatización ou espontaneidade.
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino.
2) A nivel nacional.
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.
8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 19 de novembro de 2021 enviando un e-mail a: informacion@as-pg.gal. Recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A fase final celebrarase a finais de novembro en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación
Socio-Pedagóxica Galega.
12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13ª A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. A AS-PG poderá modificar a modalidade da fase final por razóns que respondan a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
IMPORTANTE! Todos os centros participantes, enviarán a gravación das historias seleccionadas para a fase final por se non se pode facer de xeito presencial.
Sorry, the comment form is closed at this time.