Xuñ 292021
 

BASES DO XI CERTAME Curtas AS-PG

I.- ORGANIZACIÓN
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.

III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo…), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2018 e o 13 de novembro de 2021.

2. As obras poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi.

No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
X Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña

3. Prazo: as curtas deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 12 de novembro de 2021.

4. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
5. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego.
6. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
7. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

8. Os vídeos participantes na Categoría Centros de Ensino poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.

IV. CATEGORÍAS

1. Categoría xeral Mellor Curta X edición.

2. Categoría Centros de Ensino X edición.

A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.

V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta X edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 500€ + Diploma

VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra.
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.

* Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2013/10/inscricion.pdf

entrada Curtas

* Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a

Asociación Socio-Pedagóxica Galega
X Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña

VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.
Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é inapelable.

VIII. ENTREGA DE PREMIOS
As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en decembro de 2021. A data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presenza será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.

Sorry, the comment form is closed at this time.