BASES DO I CERTAME Coreografíate
I.- ORGANIZACIÓN
O Certame Coreografíate da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.
As coreografías gañadoras daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal
II.- TEMÁTICA
As coreografías deberán ser realizadas tomando como base un tema musical en galego do xénero que sexa.
No vídeo enviado deberá constar o título e o grupo creador dese tema.
III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Os vídeos poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi.
No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografía
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
2. Prazo: os vídeos deberán ser recepcionados na AS-PG antes das 14 horas do 1 de decembro de 2021.
3. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
4. O material enviado ao inscribirse non será devolto.
5. Os vídeos participantes poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.
6. As gravacións nas que aparezan menores de idade, terán que ir acompañadas do permiso dos e das responsables legais de ditas persoas menores de idade.
IV. CATEGORÍAS
1. Categoría xeral Mellor Coreografía.
2. Categoría Mellor Coreografía Centros de Ensino.
V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor Coreografía dotado de 300€ .
– 2º Premio dotado con 200 € + Diploma.
2. Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado cun lote de Cds, 200 € e Diploma.
– 2º Premio, dotado cun lote de Cds, 150 € + Diploma.
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha coreografía deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría Xeral ——
* Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.
* Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/wp-content/uploads/2021/10/fichacoreografiate-1.pdf
entrada Curtas
* Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Coreografíate
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que designará os traballos gañadores.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
O ditame do xurado é inapelable.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da coreografía será a única responsable legal da mesma.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.
Sorry, the comment form is closed at this time.