Nov 302022
O xurado do XII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por
- José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
- José María Rodríguez Armada, Proxeccionista e Arquiveiro da Filmoteca de Galicia
- Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega, escritora e guionista
Acordou por unanimidade declarar finalistas da XII edición do Certame:
- Na categoría Mellor Curta da XII edición
Barroco,de Toño Chouza
III Marías, de Andrea Bouzo
Tan lonxe, tan preto,de Omar Rabuñal Varela
- Na categoría Centros de Ensino da XII edición
O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa
22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)
A entrega de premios terá lugar o día 16 de decembro ás 18:00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) situado na rúa Durán Loriga, 10 na Coruña.