O xurado do XII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en colaboración coa Deputación da Coruña coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:
José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
José María Rodríguez Armada, Proxeccionista e Arquiveiro da Filmoteca de Galicia
Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega, escritora e guionista
Acordou por unanimidade declarar gañadoras da XII edición do Certame:
Na categoría Mellor Curta da XII edición:
1º Premio
Barroco, de Toño Chouza
2º Premio
III Marías, de Andrea Bouzo
Na categoría Centros de Ensino da XII edición:
1º Premio
22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)
2º Premio
O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa
Xustificación dos premios
Categoría xeral
1º premio
Por un suxerinte texto de construción poética, acertada musicalidade, simbólica e estimulante variedade de imaxes, unha sutileza na exposición de percepcións e evocacións persoais que deixa pegada e incita á lectura
O 1º premio é para:
Barroco, de Toño Chouza
2º Premio
Por unha intelixente e elegante realización cinematográfica da vivencias de tres mulleres en tres momentos diferentes da vida que enmarca o potente poema de Olga Novo
O 2º Premio é para
III Marías, de Andrea Bouzo
Categoría Centros de Ensino
1º Premio
Por apresentar unha experiencia de convivencia e coralidade, non exenta de simbolismo, nun labor pedagóxico co texto literario que estiliza e consegue de xestos cotiáns unha dimensión artística.
O 1º Premio é para
22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)
2º Premio
Pola valentía e esforzo nunha obra con fins didácticos, informativa e comprometida mirada dos máis novos sobre a lingua nesta peza deseñada como unha polifonía de voces da súa convivencia diaria.
O 2º premio é para:
O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa
A Coruña, decembro de 2022