A Asociación Cultural Alexandre Bóveda e a AS-PG ofrecen o seu calendario para este novo ano.
Está dedicado ao centenario dunha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.
O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan, na casa na que vivira Rosalía de Castro en Ortoño, o Seminario de Estudos Galegos (SEG). O SEG nace co obxectivo de elevar o nivel da cultura galega e equiparala ás demais culturas europeas; estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas.
O SEG, que integraría a grande parte da intelectualidade galeguista, chegou a ter cincocentos asociados. Iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía.
O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS acabaría, de xeito dramático, co golpe de estado fascista de xullo de 1936.
Pode ser impreso e difundido.
Medre a lingua galega en 2023!