Dec 162023
CURTAS Gañadoras XIII Certame de Curtas da AS-PG.
O xurado do XIII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:
- José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
- Mónica García Iglesias, responsable da área de educación da Filmoteca de Galicia
- Martin Pawley, produtor, programador, crítico de cine e divulgador cinematográfico
Acordou por unanimidade declarar gañadoras da XIII edición do Certame
- Na categoría Mellor Curta da XIII edición:
1º Premio
Arden as bruxas, de Miriam Rodríguez
2º Premio
Eu en ti, de Iria Álvarez
- Na categoría Centros de Ensino da XIII edición:
1º Premio
Pobos, IES Santiago Basanta Silva de Vilalba
2º Premio
O cascabel da gata, CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol
3º Premio
Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, IES Salvaterra de Miño
O Xurado
A Coruña, 14 de decembro de 2023

