A AS-PG e a CIG-Ensino poñen á disposición de todo o público as ponencias realizadas nas Xornadas das Mulleres realizadas o 6 de marzo de 2021.
Coidadoras e coidados, do sindicalismo á literatura
MARÍA MARCO COVELO, Premio Xerais de narrativa pola novela Coidadoras.
NICOLASA CASTRO MONTEIRO, docente de Lingua galega e literatura e membro da executiva da CIG.
Algunhas ideas para unha comunicación inclusiva nas aulas: retos e propostas para o futuro
MARÍA JOSÉ CAAMAÑO ROJO, docente de Didáctica da lingua e da literatura na USC. MONTSE PENA PRESAS, docente de Didáctica da lingua e da literatura na USC.
Sexualidade, prostitución, educación e sociedade:
ÁGUEDA GÓMEZ SUÁREZ, profesora de socioloxía na Universidade de Vigo.
O baile a música como ferramenta para traballar a coeducación
SOFIA ESPIÑEIRA, cantautora e coreógrafa.
O pouso da violencia contra as mulleres no Cancioneiro tradicional e popular galego
BRANCA VILLARES, profesora de música e baile tradicional.
Aulas lilás: propostas coeducativas para traballar nos centros de ensino
LEONOR GALA TORRES SABÍN, profesora de Bioloxía no IES Xohán Carballeira, coordinadora de igualdade e diversidade e delegada sindical da CIG-Ensino.
A AS-PG e a CIG Ensino difundimos integramente as ponencias que tiveron lugar o sábado 27 de febreiro de 2021.
Regueifa miúda. Alba María, filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral. Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas…
Ler e escribir. Cando e como. Mª Teresa Neira González, mestra especialista en educación infantil no CEIP Pío XII, creadora de Recursos Educativos Abertos para o proxecto EDIA. · Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita. · Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación. · Aprender a deseñar “Secuencias Didácticas” estables e puntuais. · Exemplificacións.
Ambientes de aprendizaxe e matemáticas. Mónica Corbacho Varela, mestra no CEIP Outeiro das Penas. A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente.
A educación multisensorial como oportunidade de cambio. Rocío Castro Chenel , Beatriz Frontela Fulgueira , Nerea Cotelo Amado, mestras do CEIP Fogar de Carballo O proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa.
“Cholo e Nela”, 25 anos de traballo en galego e en rede para educación infantil. Carlos Rodríguez Calvente, especialista en Educación Infantil no Ceip de Vilariño de Conso, orientador no CEE Manuel López Navalón. A Convivencia de Educación Infantil constitúe unha experiencia única no contexto do País e do estado español, un equipo de mestras e mestres de Infantil para organizar unha festa da transversalidade no curso 1996-1997. A experiencia estendeuse ata os nosos días… Cholo e Nela, falan galego e constitúen unha realidade, unha lembranza para cativiños e cativiñas daquela que hoxe andan perto dos 30 anos de idade.
Un ano máis, van ter lugar as XXIII Xornadas de Educación Infantil organizadas pola AS-PG e a CIG ensino. Este ano veñen marcadas pola situación sanitaria e desenvolveranse a través de Webex.