Dec 162023
 

CURTAS Gañadoras XIII Certame de Curtas da AS-PG.

O xurado do XIII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por:

  • José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
  • Mónica García Iglesias, responsable da área de educación da Filmoteca de Galicia
  • Martin Pawley, produtor, programador, crítico de cine e divulgador cinematográfico

Acordou por unanimidade declarar gañadoras da XIII edición do Certame

  1. Na categoría Mellor Curta da XIII edición:

1º Premio

Arden as bruxas, de Miriam Rodríguez

2º Premio

Eu en ti, de Iria Álvarez

  1. Na categoría Centros de Ensino da XIII edición:

1º Premio

Pobos, IES Santiago Basanta Silva de Vilalba

2º Premio

O cascabel da gata, CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol

3º Premio

Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, IES Salvaterra de Miño

O Xurado

A Coruña, 14 de decembro de 2023

Dec 132023
 

O xurado do Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua” formado por

-Antón Laxe, dinamizador cultural

-Isabel Risco, actriz e contadora

-Jorge Castro, bibliotecario

Acordou por unanimidade declarar gañadoras desta XXII edición do Concurso

PRIMARIA

1º PREMIO: Por que os cans se cheiran o cu? Colexio Scientia Lalín

2º PREMIO: Matías e a vaca Lúa. CEIPP Julio Gurriarán Canalejas

O sorriso de Don Beltrán. CEIP Raquel Camacho

O xurado suxire que o segundo premio sexa compartido por estes dous centros, á vista do nivel e da alta participación nesta categoría.

1º CICLO DA ESO

1º PREMIO: Aínda non me presentei, eu son… CPI Aurelio Marcelino Rey García

2º PREMIO: Os lavadoiros galegos. Colexio Manuel Peleteiro

2º CICLO DE ESO E POSTOBRIGATORIO

1º PREMIO: O segredo da Quenlla. CPR Nosa Señora do Rosario (Arzúa)

Parabéns a tod@s @s participantes.

O Tíralle da lingua está organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

O Tíralle da Lingua é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

https://www.facebook.com/DeputacionCoruna/?locale=es_LA

Dec 272022
 

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda e a AS-PG ofrecen o seu calendario para este novo ano.

Está dedicado ao centenario dunha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.
O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan, na casa na que vivira Rosalía de Castro en Ortoño, o Seminario de Estudos Galegos (SEG). O SEG nace co obxectivo de elevar o nivel da cultura galega e equiparala ás demais culturas europeas; estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas.

O SEG, que integraría a grande parte da intelectualidade galeguista, chegou a ter cincocentos asociados. Iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía.

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS acabaría, de xeito dramático, co golpe de estado fascista de xullo de 1936.

Pode ser impreso e difundido.

Medre a lingua galega en 2023!