A AS-PG e a CIG Ensino difundimos integramente as ponencias que tiveron lugar o sábado 27 de febreiro de 2021.

Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas…
· Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita.
· Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación.
· Aprender a deseñar “Secuencias Didácticas” estables e puntuais.
· Exemplificacións.
A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente.
O proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa.
A Convivencia de Educación Infantil constitúe unha experiencia única no contexto do País e do estado español, un equipo de mestras e mestres de Infantil para organizar unha festa da transversalidade no curso 1996-1997.
A experiencia estendeuse ata os nosos días… Cholo e Nela, falan galego e constitúen unha realidade, unha lembranza para cativiños e cativiñas daquela que hoxe andan perto dos 30 anos de idade.