Nov 302022
 

O xurado do XII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por

  • José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
  • José María Rodríguez Armada, Proxeccionista e Arquiveiro da Filmoteca de Galicia
  • Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega, escritora e guionista

Acordou por unanimidade declarar finalistas da XII edición do Certame:

  1. Na categoría Mellor Curta da XII edición

Barroco,de Toño Chouza

III Marías, de Andrea Bouzo

Tan lonxe, tan preto,de Omar Rabuñal Varela

  • Na categoría Centros de Ensino da XII edición

O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa

22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)

    A entrega de premios terá lugar o día 16 de decembro ás 18:00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) situado na rúa Durán Loriga, 10 na Coruña.

Xuñ 192022
 

O 20 de xuño, abriremos a matrícula dos seguintes cursos de formación programados para o primeiro trimestre do vindeiro curso académico:

Do 26 de setembro ao 21 de outubro

  • Novos currículos, programacións e avaliación. Secundaria.
  • Novos currículos, programacións e avaliación. Primaria.
  • Unha primeira ollada á acción educativa española no exterior. Unha oportunidade de educar polo mundo.

Do 25 de outubro ao 18 de novembro

  • Elaboración de gamificacións e outros recursos interactivos con Quizziz, Educaplay, Live Worksheets e outras ferramentas.
  • Coidado da voz para docentes. Achegas didácticas.
  • Ferramentas teatrais na educación. Propostas didácticas.

Do 22 de novembro ao 19 de decembro

  • TDAH na escola. Preguntas frecuentes e respostas didácticas.
  • Portugués avanzado para docentes.
  • Estratexias didácticas para traballar a diversidade afectivo-sexual e de xénero nos centros de ensino.

Cursos presenciais:

A Coruña

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria.  24 de setembro

Compostela

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  24 de setembro
  • II Xornadas de historia de Galiza. A nosa historia facémola nós.  22 de outubro

Pontevedra

  • XXXIV Semana da Educación de Pontevedra. Do 21 ao 24 de setembro
  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.   1 de outubro

Vigo

  • Paseos Pedagóxicos de Vigo 2022  8, 10, 15, 17 e 24 de setembro.
  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  8 de outubro

Ourense

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. 8 de outubro

Lugo

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria. 24 de setembro

Ferrol

  • Orientación para a fase de prácticas.Elaboración de memoria.  1 de outubro

A Mariña

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria.  1 de outubro

O Morrazo

  • Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. 1 de outubro

Dec 202021
 

Algo que contar? Algo que cantar?

O xurado decidiu outorgar os premios aos seguintes participantes

Categoría Xeral:

As editoras ágrafas, Daniel Chapela

Categoría Centros de ensino:

Cun pé diante do outro. As Fragas do Eume. 

Autores: Xosé Pena Paz, Hadrián Gómez Graña e Iago Eiroa Zas do CPR Compañía de María (A Coruña)

En breve estarán dispoñibles na nosa páxina, na sección Multimedia

Dec 192021
 

O xurado do certame Coreografíate formado por

Xiana Vilas, coreógrafa, bailarina e docente.

e

Sofía Espiñeira, cantautora bailarina e actriz.

decidiu outorgar os premios ás seguintes coreografías:

CATEGORÍA XERAL

1º PREMIO: Et Suseia
2º PREMIO: Marián Veiras

CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO

1º PREMIO: IES Adormideras
2º PREMIO: CEIP Centieiras

Poderedes ver os vídeos na nosa canle de Youtube a partir do día 20 de decembro.

Certame organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.

Dec 152021
 

O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da Lingua composto por:

Beatriz Maceda, ensinante e escritora

Emma Pedreira, filóloga e escritora

Xiana de la Peña, bibliotecaria e contadora

Decidiu outorgar os seguintes premios:

Primaria

1º premio “Historia do nome de Chantada”, Teixo Ocaña Moure 5º de primaria, CEIP Xoán de Requeixo

2º premio “A raíña Lupa”, Adriana Landeira Salgueiro e Iria Seoane Villar 6º de primaria, Colexio Manuel Peleteiro 

Primeiro ciclo da ESO

1º premio “Os Chepudos e as bruxas“, Ángela Pérez Vázquez, 2º ESO, IES Aquis Querquernis

2º premio: “Quince minutos”, Lidia Chapel e Carolina López, 3º ESO, IES Breamo

4º ESO e Ensino postobrigatorio

1º premio: “Unha persoa e unha sombra“, Nerea Bernal Fernández, 1º Ciclo Medio de Pastelaría, CIFP Fragas do Eume

2º premio: “Noite de Rolda”, Lucía Castrillo, 4º de ESO, IES Soutomaior