
CEIP Campomaior

CEIP Campomaior

CEIP de Bembibre
Imos ir publicando distintos vídeos e audios d@s participantes no Tíralle da Lingua do ano 2020. Neste caso, marchamos ao IES Soutomaior.
https://www.as-pg.gal/Podcast/ShowPlayer.do?file=188§ion=2
OS SOÑOS NO DENTE DE LEÓN
IES SOUTOMAIOR
Autor: DANIEL COUÑAGO 4º ESO
A AS-PG e a CIG Ensino difundimos integramente as ponencias que tiveron lugar o sábado 27 de febreiro de 2021.


Un ano máis, van ter lugar as XXIII Xornadas de Educación Infantil organizadas pola AS-PG e a CIG ensino. Este ano veñen marcadas pola situación sanitaria e desenvolveranse a través de Webex.

Xa está aberta a matrícula das XVIII Xornadas das Mulleres organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino.
Este ano, debido á situación sanitaria, serán por videoconferencia.
Ligazón para a matrícula: aquí
O día 23 de xaneiro tiveron lugar as II Xornadas de Normalización Lingüística convocadas pola AS-PG, a CIG ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística.

Debido á situación sanitaria, tiveron que realizarse por videoconferencia. Malia a todo, foron un éxito. A participación foi moi alta, o diálogo fluído e a reflexión compartida, igual ca nunhas xornadas presenciais.
Alén disto, as entidades convocantes ofrecemos as ponencias para que calquera as poida ver e escoitar por primeira vez ou de novo.
2º premio na categoría Centros de ensino do X Certame de Curtas da AS-PG.
Está realizado polo alumnado do IES María Soliño.
ACTA DO XURADO
I CONCURSO DE PODCAST: ALGO QUE CANTAR? ALGO QUE CONTAR? 2020
O xurado do I Concurso de Podcast: Algo que cantar? Algo que cantar? convocado pola
Asociación Socio-Pedgáxica Galega (AS-PG) coa finalidade de potenciar novas formas e procesos comunicativos, formado por:
CATEGORÍA XERAL:
1º Premio: O que o vento non levou, de Sabela Iglesias Reviejo
2º Premio: Pampillo, de Teresa Pérez Lousame
CENTROS DE ENSINO:
1º Premio: Remendando música, de Sara Rey Lestido. Lucía Romar Ríos. Alba Sueiro Soto, do IES Milladoiro
2º Premio: A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan, de Antía Novás Arribas, do IES Illa de Ons
A Coruña, 30 de decembro de 2020.
Este concurso foi realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.