Si eu souper. Luís Pimentel

Si eu souper
que no cumio máis alto do monte
estaba cravado o meu verso…

Ou naquela lonxanía,
onde o mar ten
os seus grises máis tenros…

Ou nos profundos da terra,
onde nacen os cegos…

Eu iría,
co meu corazón canso
porque alí estaría o meu reino
¿Quen agardaría a miña volta?
Eu soio, soio
acarón da miña bandeira,
ou do meu verso conquistado

Pimentel, L. (1959), Sombra do aire na herba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *