Eis o vídeo gañador no Certame de Curtas da AS-PG na categoría “Centros de ensino”, realizado polo IES de Arzúa.
Parabéns ás creadoras e participantes!
Eis o vídeo gañador no Certame de Curtas da AS-PG na categoría “Centros de ensino”, realizado polo IES de Arzúa.
Parabéns ás creadoras e participantes!
Na AS-PG sentímonos moi orgullosas deste proxecto, que continúa os que levamos feito desde o ano 2005. As familias son un elemento importante para a educación das nenas e dos nenos. Así tamén o considera a Deputación de Lugo, con cuxa vicepresidenta, Maite Ferreiro, realizamos e presentamos o proxecto esta semana.
Unha asociación como a nosa non podía deixalas á parte e, é por este motivo, que levamos moitos anos traballando para as axudar.
Desta volta, contamos con profesionais recoñecidas que nos achegan o seu punto de vista sobre os temas propostos.
Os vídeos realizados pódense ver todos nesta lista de Youtube:
Marcos Nine permítenos ver a curtametraxe que acadou o primeiro premio, Zonas de tránsito.
No día de hoxe fixemos un acto no CGAI que emitimos en streaming. Visionamos as curtas finalistas e a continuación, demos lectura á xustificación do fallo do xurado que vos achegamos neste artigo.
Categoría xeral:
1º premio:
ZONAS DE TRÁNSITO de Marcos Nine
2º premio:
CATRO ESCENAS DUNHA VILA de Xoán Fernández
Categoría Centros de ensino
1º premio:
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020 do IES ARZÚA
2º premio:
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO do IES MARÍA SOLIÑO
Accésit:
CATOIRA STYLE do CPI PROGRESO-CATOIRA
Xustificación do xurado formado por
Categoría Mellor Curta da X edición
Pola combinación de recursos audiovisuais na transmisión do relato que con elementos das vangardas históricas cinematográficas na imaxe e as vangardas de hoxe no seu espazo sonoro, constrúe un bucle onírico de atmosfera perturbadora que nos transporta ao centro mesmo dunha dimensión que abeira o límite dos soños e a realidade.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 1º premio a
ZONAS DE TRÁNSITO de Marcos Nine
Categoría Mellor Curta da X edición
Porque cunha estrutura limpa e sobria logra establecer unha conexión de carácter antropolóxico e sociolóxico entre o diario dunha vila e a poesía, e conseguindo que cada unha dos actos en que se divide teña entidade propia sen que se rompa a narrativa.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 2º premio a
CATRO ESCENAS DUNHA VILA de Xoán Fernández
Categoría Centros de Ensino
Polo seu valor informativo e didáctico cheo de frescura sen deixar de presentar o lado lúdico da celebración do Día das Letras, coa complexidade que supón a intervención dun número tal elevado de alumnado.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 1º premio a
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020 do IES ARZÚA
Categoría Centros de Ensino
Pola súa calidade estética e o seu fermoso traballo de pos-produción cun resultado visual e plástico case hipnótico en que o texto queda totalmente integrado.
O xurado decidiu por unanimidade conceder o 2º premio a
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO do IES MARÍA SOLIÑO
Así mesmo o xurado decidiu conceder un accésit a
CATOIRA STYLE do CPI PROGRESO-CATOIRA
Como xa adiantamos hai uns días, mañá será a entrega dos premios do X Certame de Curtas, realizado en colaboración co Concello da Coruña.
Debido á situación sanitaria, farase en streaming a través desta ligazón. Visionaranse as curtas finalistas e, a continuación, darase a coñecer o fallo do xurado.
Dará comezo mañá ás 12.

Curtas admitidas no X Certame de Curtas AS-PG
CATEGORÍA XERAL
NADA, Xandra Táboas Martínez
PÁXARO MOURO, Álvaro Liste
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
HOME CON CADELA, Eva Alonso
NON EXISTE A MORTE, M.ª José Pérez
RETICÊNCIAS, Xosé Antón Moure
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fenández Diz
BAGAGEM, Alaska M. Lueiro
XELA ARIAS. POETA NAS MARXES, Beatriz Pereira Expósito
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
PARA SEMPRE MALEVICH, Antón Veiga
O XARDINEIRO DOS INGLESES, Aarón Vilariño
LONGA NOITE DE PEDRA, Aarón Vilariño
O CABALO DE ALBERTE MERLO, Aarón Vilariño
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI.PROGRESO-CATOIRA)
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)
Comisión organizadora:
Patricia Varela
Carme Vilariño

Aquí están as bases do XIX Tíralle da lingua deste ano 2020. Ollo, hai algunha novidade sobre a forma de presentación.


I.- ORGANIZACIÓN
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
IV. CATEGORÍAS
Categoría xeral Mellor Curta X edición.
Categoría Centros de Ensino X edición.
A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.
V. PREMIOS
Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta X edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 500€ + Diploma
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra.
Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.
Ficha de inscrición webentrada Curtashttp://bitaculas.as-pg.gal/blog/2013/10/28/iv-certame-curtas-para-rosalia/inscricion/
Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
X Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.
Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é inapelable.
VIII. ENTREGA DE PREMIOS
As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en decembro de 2020. A data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presenza será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.
A Coruña, abril de 2020
A fase final do XVIII Concurso de Relato Oral TÍRALLE DA LINGUA, celebrouse o xoves pasado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Nesta edición participaron máis de 900 escolares acompañados do profesorado e varias familias.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), leva dezaoito anos organizando esta proposta de dinamización da nosa lingua, dirixida ao alumnado e profesorado de EP, ESO e Ensino Postobrigatorio, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua.
A participación foi a máis alta de todos estes anos, mesmo tendo que desdobrar o concurso de forma simultánea por categorias. Ano tras ano, esta experiencia foise asentando nos centros de ensino, implicando ao profesorado cada vez máis, realizando unha fase previa nos centros para a selección de contadores e contadoras e historias que pasan logo a fase final.
Este proxecto foi posible grazas a colaboración da Deputación da Coruña
HISTORIAS GAÑADORAS TÍRALLE DA LINGUA 2019
2º Ciclo de ESO e Ensino Postobrigatorio
Primeiro premio para “Pasas que cousan”. Lidia Landín e Adriana Caldas do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo Premio para “Os cinco meigos”. Antón Chaín Murado, David Costa Graña, Carlos Fernández González, Jesús Fernández Vázquez e Brais Márquez Tarrío do IES Pedregal de Irimia. Meira
1º Ciclo de ESO
Primeiro premio para “Fóra do normal”. Sergio Monteagudo do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo premio para “Unha longa viaxe”. Sabrina Valado Muñoz do IES Aquis Querquernis. Bande
PRIMARIA
Primeiro premio para“Lobishome”. Grupo de 24 alumnas e alumnos do CPI de Zas
Segundo premio para “Quero ser outro”. Grupo Cardume do CEIP Fogar. Carballo