Mai 052015
 

O xurado do V Certame de Curtas para Rosalía, reunido o 4 de maio, acordou por unanimidade declarar finalistas desta edición:

  • AS PRIMAVERAS DO BARRIO DO CURA de Miriam Rodríguez.
  • NEGRA SOMBRA de Xoana Santos e Estela Suárez.
  • #ROSALIATWITTEIRA de Millán Castro e Marina Chiavegatto.

O acto de entrega de premios será o venres 8 de maio ás 20:30h no Salón de Actos da Deputación  Provincial de Lugo.

 

 Posted by at 10:16
Abr 292015
 

O pasado 23 de abril remataba o prazo de presentación das curtametraxes para participar no V Certame “Curtas para Rosalía”.

Obras admitidas ao Premio do Xurado á mellor curta da V edición de Curtas para Rosalía:

1.- BÁGOAS DE SAL de Tatiana Mouro e Patricia Rodríguez.

Duración: 7′ Formato: Video Xénero: Drama poético

2.- ASÍ AS IDEAS de Celia Parra

Duración: 2’39” Formato: mp4 H.264 1920 x 1080 Xénero: Videopoema

3.- SILENCIO! de Paco Gallego e Xosé Bocixa

Duración: 10’59” Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Drama

4.- O SOÑO DE ROSALÍA de Patricia Martínez Díaz e Teresa Cornide Ramos

Duración: 7’34” Formato: WMV Xénero: Flashmob

5.- BALADA COVER de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 5’23” Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental/Documental

6.- VIDE  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 1′ 34″ Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

7.- AS COUSAS  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)

Duración: 1’27” Formato: Video dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

8.- AS PRIMAVERAS DO BARRIO DO CURA de Miriam Rodríguez

Duración: 2′ 18″ Formato: MP4 Xénero: Videopoema

9.- EU SON ROSALÍA de EDLG da EEI Barrionovo

Duración: 1′ 46″ Formato: Stopmotion Xénero:Artístico Literario

10.- 2017 de Pablo Kaufmann

Duración: 2′ 15″ Formato: H264-MP4 (2:35) Xénero: Videopoema

11.- EU SON ROSALÍA de Juan Carlos Lago e Patricia Peña

Duración: 4′ 35″ Formato: WMA 16:9  Xénero: Lipdub

12.- MORTE DE ROSALÍA de Xes Diéguez

Duración: 5’46” Formato: DVD Xénero: Drama

13.- NEGRA SOMBRA de Xoana Santos e Estela Suárez

Duración: 5′ Formato: Animación Stop Motion

14.- #ROSALIATWITTEIRA  de Millán Castro e Marina Chiavegatto

Duración: 4′ 26″ Formato: DVD Xénero: Experimento social

15.- VOLTA ATRÁS de Inés Mirás Vieites

Duración: 5′ 19″ Formato: Curtametraxe 1920 x 1080 Xénero: Drama

16.- CANTARES DE MULLER de Siddharta Álvarez

Duración: 15’45” Formato: 16:9 Xénero: Drama

17.- O LEGADO DE LÍA de Álvaro Liste

Duración: 11′ Formato: DVD Xénero: Curta experimental

18.- TRAS DA NOITE de Nuria Mosquera Varela

Duración: 8′ 53″ Formato: MOV, H.264, AAC 1920 x 1080 Xénero: Experimental

19.-TORNAR de Daniel Suárez García

Duración: 6′ 05″ Formato: 16:9 / 1080P 25(MP4) Xénero: Videocreación

Obras admitidas  ao Premio do xurado á mellor curta dos cinco certames en calquera categoría:

1.- SÍNDROME ROSALÍA de Fátima Peón

Duración: 12′ 10″ Formato: 16:9 Xénero: Falso documentario

2.- CARTA A ROSALÍA. CURTA A ROSALÍA de Judit Casas, Natalia P. Rodrigo e Patricia Prieto

Duración: 2′ 26″ Formato: HDV Xénero: Videoarte

3.- NOUTURNIO DE CELANOVA de Raúl García

Duración: 6′ Formato: PAL 16:9 Xénero: Animación

4.- IGNOTUS de Tomás Conde e Virginia Curiá

Duración: 15′ Formato: 4 / 3 Xénero: Animación Stop Motion

5.- UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa

Duración: 8′ Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Documental de ficción

6.- ESTE VAISE de Paula Pereira

Duración: 2′ 56″ Formato: AVI  Xénero: Dramático

7.- VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez

Duración: 7`8” Formato: MPEG Xénero: Videopoema

8.- DENDE UN PAÍS QUE NUNCA VIN de Jairo Iglesias Martínez

Duración: 3`50” Formato: 4K HD distribución DVD Xénero: Ficción

9.- VAGUIDADES de Lara Bacelo González

Duración: 5`13” Formato: DVD  Xénero: Docudrama

O xurado do V CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA” está formado por:

Isabel Naveira, actriz
Xosé Manuel Sande, programador do CGAI e crítico de cine
Raúl Veiga, director e guionista

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo.

 

 

 Posted by at 14:54
Mar 022015
 

1.-  ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promocionar o certame e organizar as galas de entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame. Nesta V edición o Certame “Curtas para Rosalía” conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

2.-  TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. No 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

Resulta evidente que as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Sendo Rosalía de Castro a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

 

1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

 

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2. As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 23 de abril ao enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.

4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6. As obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.

7. No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.gal serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro. As curtas gañadoras serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.

8. Para conmemorar a V edición do Certame establécense dúas categorias

a) Premio do Xurado á mellor curta da V edición.

O xurado proporá tres obras finalistas e entre estas tres estará a gañadora.

b) Premio do xurado á mellor curta das cinco edicións do certame.

A este premio poderán presentarse as obras gañadoras das cinco edicións (en calquera das categorías que figurasen nas bases) seguindo o mesmo proceso descrito no apartado 4 (INSCRICIÓN). A obra gañadora da V edición queda automaticamente inscrita neste premio. Se algunha das curtas presentadas a esta V edición non quere ser inscrita neste categoría deberá facelo constar enviando un correo a informacion@as-pg.com

Os dous premios poden ser acumulativos.

9. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar o venres 8 de maio ás 20h no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Nesta gala é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas e das curtas que opten ao premio de mellor curta das cinco edicións. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O concursante será o único responsable da súa curtametraxe. A organización do festival declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre a/o participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

4º INSCRICIÓN

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do 19 de marzo de 2015 e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

2.- Na inscrición definitiva, até as 14 horas do día 23 de abril de 2015, os participantes deberán enviar a seguinte documentación:

* DVD (Pal; 4/3 ou 16/9) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

* Ficha de inscrición (Anexo 1)con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

* Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra

* Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra

Os traballos deberán enviarse ou presentarse na seguinte dirección:

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

Certame Curtas para Rosalía”

Rúa Laracha, 9 ­baixo

15.010 A Coruña

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

5º. XURADO

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da organización a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelábel.

6º PREMIOS

A organización do certame Curtas para Rosalía establece dúas categorías:

1.- Premio do Xurado á mellor curta da V edición de Curtas para Rosalía dotado de 1500€ + Diploma.

2. Premio do xurado á mellor curta dos cinco certames en calquera categoría dotado de 1500€ + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura.

7º RESPONSABILIDADE

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

 

Bases en formato PDF

 

Ficha de inscrición

 

 Posted by at 18:56
Feb 132014
 

O xurado do IV Certame “Curtas para Rosalía” nomeou finalistas as seguintes obras:

PORTOBELLO, PORQUE ME PETA! de Carlos Abeijón Martínez

UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa

VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez

O acto  de entrega de premios será o día 25 de febreiro ás 20:00h no local da Fundación NovaCaixaGalicia , Cantón Grande,8. Acceso rúa da Estrela. (A Coruña)

 Posted by at 13:22
Xan 222014
 

O pasado 19 de decembro remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no IV certame de Curtas para Rosalía.
Admitíronse a concurso un total de 8 obras que procedemos a describir:

1) VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez
Duración: 7`8” Formato: MPEG Xénero: Videopoema

2) PORTOBELLO, PORQUE ME PETA! de Carlos Abeijón Martínez
Duración: 11`19” Formato: HD / DVD Xénero: Documental / Experimental

3) VICHES A ROSALÍA DE CASTRO? de Alonso B. Caxade
Duración: 5`06” Formato: 3/4 Xénero:

4) TRÁNSITO – O AMOR SEGUNDO ROSALÍA de Millán Castro
Duración: 2`42” Formato: PAL 16:9 Xénero: Drama

5) QUÍXENTE TANTO, MENIÑA de Adelaida Vidal
Duración: 1` Formato: DVD Xénero: Comedia romántica

6) ASÍ FALOU PENÉLOPE de Lara Bacelo
Duración: 5` Formato: Dixital Alta definición Xénero: Videopoema / Documental

7) NO BICO UN CANTAR, HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO de Fundación Eduardo Pondal
Duración: 3`21” Formato: Video Xénero: Teatro

8) UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa
Duración: 7´41” Formato: 16/9 Xénero

Por outra parte, tal e como se anuncia nas Bases, a AS-PG fai públicos os nomes das persoas que forman parte do xurado do IV certame de curtametraxes Curtas para Rosalía.
O xurado está formado por:
Raúl Veiga, director e guionista
Sara Horta, produtora
Guillermo Represa, montador

Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo.

 Posted by at 13:28
Out 282013
 

BASES DO CERTAME IV Certame “Curtas para Rosalía”

 

1º ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases do certame e organizar as galas de entrega de premios e de promoción do certame, se for o caso, e de resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/  na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame.

 

2º TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. Resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo  descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe, mais cando o 2013 é un ano moi significativo pois conmemorase o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

 Rosalía de Castro é a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega.

Polo tanto  aquelas  persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

1.- Obras cuxa temática  xeral  sexa a  persoa  de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento  que  destaque  a  súa  vida,  traballo ou  calquera  outro  punto  de  interese  da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.

 

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1.    Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2.    As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 19 de decembro de 2013  ao enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3.    A duración non excederá en ningún caso os 20 minutos, créditos incluídos.   

4.    O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5.    Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6.    As  obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora  ou director ou directora da obra.

7.    No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/ serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso.  Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos  organizados para a promoción do festival,  sempre sen  ánimo  de  lucro.  As curtas gañadoras serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.  As datas de cada un destes actos serán publicadas durante o mes de decembro de 2013 e os autores e autoras serán informados.

8.    O xurado proporá tres obras finalistas en cada categoría e entre estas tres estará a gañadora. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios. Nesta gala é obrigada a presenza dalgún dos membros das curtas finalistas en representación das obras. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra finalista resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O concursante será o único responsable da súa curtametraxe.  A organización do festival declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre a/o participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

 

 

4º INSCRICIÓN

 

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta,  haberá de se facer antes do 22 de novembro de 2013 e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

 

2.- Na inscrición definitiva, até as 14 horas do día 19 de decembro de 2013,  os participantes deberán enviar a seguinte documentación:

 

    *    DVD (Pal; 4/3 ou 16/9) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

 

    *   Ficha de inscrición (Anexo 1) con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

 

    *   Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra

 

    *    Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra

 

 

Os traballos deberán enviarse ou presentarse na seguinte dirección:

 

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

“Certame Curtas para Rosalía” Rúa Laracha, 9 ­baixo

15.010 A Coruña

 

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

 

 

 

5º. XURADO

 

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da organización a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelábel.

 

6º PREMIOS

 

A organización do certame Curtas para Rosalía establece dous premios:

1.- Un primeiro premio de 500€ á mellor curtametraxe + Diploma.

2. Un segundo  premio de 300€  + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura. As datas e a lugar da entrega de premios serán publicadas pola Organización na web da as-pg.

 

7º RESPONSABILIDADE

 

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

 

A Coruña, 21 de outubro de 2013

(Anexo 1) Ficha de inscrición

 Posted by at 13:22
Out 162013
 

Cinemacurtas” é o novo festival que bota a andar na Coruña a partir do día 7 de novembro. Cinco xoves nos que, a partir das nove da noite, as curtas serán as protagonistas da pantalla grande. A AS-PG daralle o nome ao Premio á mellor curta galega. E queremos que asistas. Por iso, convocamos un campionato de trivial de acordo coas seguintes:

 

BASES

1. Participantes.

Poderá participar calquera persoa que o desexe con independencia do seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir os datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro no portal de xogos da AS-PG. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com.
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.gz.

2.- Inscrición.

O Campionato desenvolverase entre as 14:30 horas do día 25 de outubro e as 14:30 horas do día 3 de novembro. As datas de inscrición serán entre o 17 de outubro e o 24 de outubro de 2013.

O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas.
Haberá un tema obrigatorios (Cinema) para todos os concursantes, debendo elixir cada xogador ou xogadora os cinco restantes no momento de configurar a partida.

O tempo máximo para xogar o Campionato será de 300 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.

3.- Premios.

O premio consistirá na entrega de dous abonos para poder asistir a todas as sesións de cinemacurtas para cada un dos cinco primeiros xogadores ou xogadoras.

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para solicitaren o premio. As solicitudes deberán facerse antes do día 6 de novembro ás 15 horas. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

 

 Posted by at 18:42
Nov 132012
 

O pasado 30 de setembro remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no III certame de Curtas para Rosalía.

Admitíronse a concurso un total de 7 obras que procedemos a describir:

 1)      LEVAIME A ELA de Pablo Ces Marco.

 Duración: 5`3” Formato: DVD Xénero: Ficción

 2)      VAGUIDADES de Lara Bacelo González

 Duración: 5`13” Formato: DVD  Xénero: Docudrama

 3)      DESAFIUZAMENTO (A XUSTIZA POLA MAN) de Sandra García Rey

 Duración: 3`03” Formato: HD  Xénero: Drama

 4)      VAYA CON DIOS NO SEA TERCA de Marcos Nine Búa

 Duración: 11`56” Formato: DVD  Xénero: Videocreación

 5)      A SOMBRA de Mª Dolores Arias Rodríguez

 Duración: 1`15” Formato: DVD  Xénero: Animación

 6)      DENDE UN PAÍS QUE NUNCA VIN de Jairo Iglesias Martínez

 Duración: 3`50” Formato: 4K HD distribución DVD Xénero: Ficción

 7)      LÍA de Cristina de la Torre Herrera

 Duración: 2`  Formato: 16:9 HD  Xénero: Videocreación/Poesía Virtual

 

 Por outra parte, tal e como se anuncia nas Bases, a AS-PG fai públicos os nomes das persoas que forman parte do xurado do III certame de curtametraxes Curtas para Rosalía. O xurado está formado por:

 Raúl Veiga, director e guionista

 Omar Rabuñal Varela, director e actor

 Isabel Risco Valdivieso, actriz

 Alfonso Blanco Bembibre, produtor

 Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG Mª dos Anxos González Refoxo.

 A entrega de premios terá lugar o día 17 de decembro ás 20:00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Posted by at 14:24
Abr 282012
 

O próximo 17 de maio a lingua galega estará de novo nos quiosques a través do semanario Sermos Galiza, un proxecto de comunicación do que a AS-PG tamén forma parte. Por iso, convocamos un campionato de trivial de acordo coas seguintes:

BASES

1. Participantes.

Poderá participar calquera persoa que o desexe con independenciado seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir os datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com.
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.gz.

2.- Inscrición.

O Campionato desenvolverase entre as 15 horas do día 10 de maio e as 15 horas do día 17 de maio de 2012. As datas de inscrición serán entre o 29 de abril e o 9 de maio de 2012.

O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas.
Haberá dous temas obrigatorios (Ciencia e Cultura e espectáculos)para todos os concursantes, debendo elixir cada xogador ou xogadora os catro restantes no momento de configurar a partida.

O tempo máximo para xogar o Campionato será de 300 minutos.Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.

    3.- Premios.

O premio consistirá nunha subscrición ao semanario Sermos Galiza segundo a seguinte distribución:

1.- Unha subscrición anual para a persoa que fique no primeiro posto.

2.- Dúas subscricións semestrais para quen ocupe os postos 2º e 3º

3.- Sete subscricións trimestrais para os postos 4º a 10º

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para solicitaren o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 20 de maio de 2012. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

 Posted by at 11:22
Mar 042012
 

x Xogo de pistas: Castelao e a súa obra

Se desexares participar neste xogo de pistas sobre Castelao deberás enviar un correo a ode@as-pg.com  indicando: Nome e apelidos, Documento de Identidade e correo electrónico. A comunicación deberá realizarse antes do día 16 de marzo.

A AS-PG utilizará só o correo electrónico como medio de comunicación coas persoas participantes. O derradeiro día para enviar a resposta a todas as pistas é o día 29 de marzo. Por se houber algún tipo de problema cos envíos admitiranse as respostas que cheguen até o día 30 sempre que na data e hora do remitente figure unha referencia anterior ás 23:59 horas do día 29 de marzo.
As pistas faranse públicas os días 7, 14 e 21 de marzo no enderezo web: http://formacion.as-pg.com/ , na entrada Con.cursos > Xogo de pistas sobre Castelao.

Para ver o xogo, e participar, deberá acceder como convidado; pedíralle unha chave de acceso e deberá teclear: castelaoas-pg.

Haberá tres premios. A atribución será da seguinte forma.

1.- Un premio de 300 para a persoa que indique correctamente todas as pistas.

2.- Un segundo premio de 200 euros para quen acerte todas menos unha.

3.- Un terceiro premio de 100 euros para quen acerte todas salvo dúas.

Se houber máis de unha persoa que acerte o gañador ou gañadora decidirase por sorteo entre os acertantes de  cada categoría.

En calquera caso, se houber empate terán preferencia as persoas asociadas á as-pg.

Calquer outra cousa non explicitada anteriormente será interpretada e aclarada pola as-pg, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

A participación no certame supón aceitar as bases.

A Coruña 1 de marzo de 2012

 Posted by at 13:14