A profesora María Pilar García Negro analiza nesta ponencia a obra narrativa de Carvalho Calero.
Este vídeo forma parte das XXIX Xornadas de lingua e literatura organizadas pola CIG e a AS-PG. Ambas as organizacións poñen en aberto os materiais das mesmas.
Curtas admitidas no X Certame de Curtas AS-PG
CATEGORÍA XERAL
NADA, Xandra Táboas Martínez
PÁXARO MOURO, Álvaro Liste
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
HOME CON CADELA, Eva Alonso
NON EXISTE A MORTE, M.ª José Pérez
RETICÊNCIAS, Xosé Antón Moure
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fenández Diz
BAGAGEM, Alaska M. Lueiro
XELA ARIAS. POETA NAS MARXES, Beatriz Pereira Expósito
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
PARA SEMPRE MALEVICH, Antón Veiga
O XARDINEIRO DOS INGLESES, Aarón Vilariño
LONGA NOITE DE PEDRA, Aarón Vilariño
O CABALO DE ALBERTE MERLO, Aarón Vilariño
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI.PROGRESO-CATOIRA)
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)
Comisión organizadora:
Patricia Varela
Carme Vilariño

A profesora Laura Tato introdúcenos a obra poética e dramática de D. Ricardo.
Este vídeo forma parte das XXIX Xornadas de lingua e literatura organizadas pola CIG e a AS-PG. Ambas as organizacións poñen en aberto os materiais das mesmas.
O profesor da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato analiza a percepción lingüística de Ricardo Carvalho Calero, así como a historia da normativización da lingua galega.
Aquí están as bases do XIX Tíralle da lingua deste ano 2020. Ollo, hai algunha novidade sobre a forma de presentación.


I.- ORGANIZACIÓN
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN
- Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo…), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2018 e o 13 de novembro de 2020.
- As obras poderán enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi.
No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
X Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña - Prazo: as curtas deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 13 de novembro de 2020.
- A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
- O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego.
- Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
- O material enviado ao inscribirse non será devolto.
- Os vídeos participantes na Categoría Centros de Ensino poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.
IV. CATEGORÍAS
Categoría xeral Mellor Curta X edición.
Categoría Centros de Ensino X edición.
A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.
V. PREMIOS
Categoría xeral
– Premio á Mellor Curta X edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio dotado con 750€ + Diploma.
Categoría Centros de Ensino
– 1º Premio, dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio, dotado con 500€ + Diploma
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación:
Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra.
Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro.
Ficha de inscrición webentrada Curtashttp://bitaculas.as-pg.gal/blog/2013/10/28/iv-certame-curtas-para-rosalia/inscricion/
Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
X Certame Curtas AS-PG
Rúa Laracha, 9 baixo
15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora.
Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é inapelable.
VIII. ENTREGA DE PREMIOS
As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en decembro de 2020. A data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presenza será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame.
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.
A Coruña, abril de 2020
Após as diferentes respostas, tardías e erráticas, que se foron articulando desde a Consellería, amosando un enorme afastamento das necesidades que estaban a ter tanto as docentes como as familias e o alumnado das distintas etapas educativas, queremos dar a coñecer a nosa opinión con respecto á situación que están a vivir as familias.
Non se tivo en conta que non todos os nenos e nenas tiñan un estado emocional axeitado que favoreza a súa aprendizaxe.

En moitas familias, nenos e nenas pequenos ou con necesidadades educativas especiais non tiñan unha persoa adulta que acompañase este proceso e tampouco tiñan a autonomía para dirixir a súa aprendizaxe telemática.
As necesidades socioeconómicas condicionaron o proceso educativo de parte do alumnado e non puidemos garantir a igualdade de oportunidades, a equidade e a xustiza na avaliación.
En dous días e con medios propios, o profesorado galego tratou de comunicarse con todo o seu alumnado co obxectivo de que non perdesen contacto coa súa actividade escolar. Nalgúns casos, custounos máis e tivemos que pedir axuda aos concellos e a asociacións próximas a rapaces e rapazas con problemas.
En dous días as familias tiveron que aprender a acceder a distintas plataformas educativas, conseguir imprimir tarefas e buscar un lugar axeitado para o estudo nunha casa en confinamento, atender o benestar emocional dos fillos e fillas, ademais de atender ao seu propio traballo ben na casa, ben fóra dela. As familias fixeron un gran traballo durante este tempo, poñendo moito esforzo da súa parte.
Se queres mercalo, podes acceder á nosa tenda, premendo aquí.

A educación é un feito social, colectivo, de grupo e compartido. Queremos reivindicar que non somos substituíbles por ningún medio tecnolóxico por moderno que sexa.
Por iso, queremos deixar constancia de que as tecnoloxías existentes en cada momento deben ser unha ferramenta que contribúa a desenvolver os proxectos docentes, mais nunca poden ser nin o fin nin o obxectivo.
Nas últimas datas xorde, de súpeto, a preocupación da Consellería polas condicións que existen nos fogares para acceder a determinadas canles de información, como se até o de agora non estivésemos afectadas por esas diferenzas, e non estamos a referirmos só ao acceso ás TIC, consellería debería asegurar o acceso a elas por parte de todo o alumnado en todo momento como tamén asegurar o acceso aos libros ou á cultura en calquera das súas dimensións.

Antes do estado de alarma, era patente a preocupación da sociedade pola adición ás novas tecnoloxías por parte da xente nova. En cambio, agora estamos fomentando que pasen moitas horas mirando unha pantalla porque se considera que o alumnado só pode aprender a través dese medio?.
Coidamos que nesta crise se esqueceron outras fontes de coñecemento, como a literatura, que podían ter axudado a adquirir coñecemento desde a casa, guiados polo profesorado.
Pensamos que non é o momento de camiñar cara adiante sen reflexionar. É o momento de poñer en valor o noso labor como axentes activos, de vital importancia para mirar o futuro con optimismo. É o momento de reivindicar que non hai educación sen aula.
