A educación infantil, primeira etapa do sistema educativo, non é obrigatoria, mais non por iso é menos importante. Na mesma estanse a instaurar os alicerces do que serán as aprendizaxes posteriores e o desenvolvemento máis ou menos harmónico de cada nena ou neno. Son idades para sumerxirse en contextos estimulantes, nos que sorprenderse, enredar, relacionarse, brincar, experimentar, emocionarse, amar, … nunca substituíbles, dentro ou fóra da escola, por unha ficha ou unha tarefa especialmente formal. Os contextos poden mudar, mais as necesidades son as mesmas. O sistema educativo, como a sociedade e as aulas, é diverso, cada etapa ten as súas esencias e as mesmas deberían terse en conta á hora de deseñar as adaptacións e propoñer intervencións, desde as iniciais como a educación infantil, ás finalistas como bacharelato ou a FP.
Neste contexto, observamos con preocupación como xorden iniciativas de atención ao alumnado, confinado nos seus fogares, baseadas na proposta de inxentes cantidades de tarefas que dificilmente conxugan coas necesidades reais das crianzas e do momento. E o máis triste é que ese estilo docente, auspiciado pola presión exercida, por acción e por omisión, desde a Administración esténdese polas diferentes etapas educativas, incluída a educación infantil.
Cando os cerebros están centrados na supervivencia neles non poden atopar acougo os contidos que sementamos a través das propostas de traballo e tarefas que lles enviamos. A escola ten entre as súas principais funcións a compensación das desigualdades e é precisamente en situacións de crise cando estas tenden a acentuarse. A escola nunca debería contribuír a ese feito. Máis ben, debería aproveitar todo o seu potencial para fortalecer as redes de protección á infancia nun momento tan singular e distópico.
Ata o 27 de abril non sabíamos a repercusión que ía ter o traballo que o alumnado realizara ata ese momento na súa cualificación final de xuño. Desde ese momento, tivemo un prazo ata o 12 de maio para modificar as programacións e establecer o procedemento para obter dita cualificación final. Houbo que agardar ao 27 de abril para ler a palabra cualificación en ditas publicacións oficiais. Estabamos propoñendo actividades, o alumnado estaba a realizalas, pero nin eles nin nós sabíamos como ían ser valoradas ditas actividades. A falta de información para o alumnado e as familias, igual que para os docentes xenerou unha carga importante de incerteza en todo este proceso.
Achegamos un seguimento de como foi tratado o tema da avaliación e da cualificación nas sucesivas instrucións publicadas no portal da Xunta ou enviadas ás direccións dos centros educativos.
Queremos subliñar a capacidade do profesorado para adaptarse a estas novas situacións que se nos foron presentando en 60 días. Agora que se ve preto a cualificación final queremos subliñar todo o traballo que se fixo tendo sempre como obxectivo o benestar do alumnado nuns tempos tan difíciles.
12/03/2020 As actividades serán xenéricas, relacionadas cos contidos curriculares. Non serán avaliables.
27/03/2020 Cualificar en base ao que se impartiu ata o 12 de marzo e cos instrumentos que se dispuxese ata ese momento.
13/04/2020Repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave.
17/03/2020 A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, Informe individual valorativo
27/04/2020 A avaliación e cualificación adaptarase e realizarase das aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación realizadas dende a declaración do estado de alarma
Establecerase o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. Deberanse detallar os criterios de avaliación e cualificación e establecer as datas e os procedementos para a avaliación das materias pendentes
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas. En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.
A repetición de curso deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación.
Os centros educativos revisarán e flexibilizarán os criterios de titulación en todas as etapas educativas.
Así foi a ofrenda floral da Plataforma cidadá Queremos Galego no monumento a Carvalho Calero en Compostela :)Falamos con Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego
Queremos Galego realizou esta mañá en Compostela unha ofrenda floral diante da estatua homenaxe de Carvalho Calero, onde representantes de entidades a prol da lingua galega deron lectura do manifesto do Día das Letras 2020.
Participaron na lectura Ana Rodiño (da CIG), Ana Pontón (do BNG), Mercedes Espiño (da AC O Galo – Federación Galiza Cultura), Anna R. Figueiredo (da AELG), Eduardo Maragoto (da AGAL) e Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización.
A nosa asociación estivo representada pola presidenta, Patricia Varela, que na súa lectura enxalzou a figura do profesor Carvalho Calero.
Igual que Carvalho Calero, a AS-PG comparte a idea de Carvalho de que a nosa lingua é unha lingua universal.
Desde o día 6 de maio ata hoxe, Día das Letras Galegas, quixemos facerlle a nosa particular homenaxe a Carvalho Calero desde o blog Son de poetas.
Cada día, desde ese mércores, ata hoxe, diversos poemas deste autor foron publicados na antoloxía. Neste traballo colaboraron coa AS-PG Carme Suárez (IES David Buján), Pilar Tobar (IES Monelos). Algúns textos foron proporcionados por Pilar Pallarés.
Estes poemas foron versionados por moi distintos grupos e cantantes galegos. Os estilos son moi variados, con estilos moi diferentes, como podedes escoitar en Son de Poetas.
Podedes acceder a eles desde a etiqueta Carvalho Calero: preme aquí.
Queremos recoñecer o labor de AGAL que no ano 2010 organizou o concurso Musicando Carvalho Calero, iniciativa que propiciou que hoxe tivésemos unha gran selección de poemas musicados; e tamén agradecer aos músicos e músicas que se puxeron en contacto connosco, implicados na difusión da literatura galega mediante a música.
Desde a AS-PG queremos destacar o esforzo do profesorado galego por adaptarse ás instrucións que a consellaría foi publicando durante estes meses, que modificaban o seu traballo e por resolver os problemas que foron xurdindo neste novo sistema de ensino-aprendizaxe, sen percibir o recoñecemento por parte das institucións.
Na primeira parte deste terceiro trimestre, a consellería publicou catro anuncios con instrucións distintas, que eran coñecidas polos profesionais do ensino e polos equipos directivos a través do portal.
Hai poucos días, o día 12 de maio, todos os departamentos dos centros enviaron á inspección educativa as súas programacións coas modificacións pertinentes e tomáronse acordos sobre o sistema de cualificación do alumnado. Porén, o terceiro trimestre xa levaba andando catro semanas.
Consideramos que houbo pouca previsión por parte da consellaría, que tiña competencias para ter organizado mellor a tarefa do profesorado co que tería evitado a incerteza coa que traballou e tería achegado tranquilidade a todos os que formamos parte do ensino: alumnado, familias e docentes.
Desde a Xunta lanzouse a información de que a crise do coronavirus está superada, pero a realidade é que os expertos din que non hai estudos fiables da evolución desta crise máis alá dos datos de hospitalización e mortes
É inxusto que descarguen nos equipos directivos a responsabilidade de salvagardar a saúde dos profesionais e do alumnado. A estas alturas non se sabe de que medios van dispoñer ou de que cartos van dispoñer ou como van adquirir material como máscaras, luvas, pantallas, xel para protexer, etc.
A consellería está ocultando á poboación a unha realidade. Incorporarse ás clases implica riscos de aumentar contaxios. É algo que a poboación ten que asumir se decide enviar aos seus fillos.
Canto ao alumnado de 2º BACH
O profesorado está moi implicado traballando con este alumnado. Están a facer un labor que vai máis alá do seu deber porque están preocupados polo alumando e queren que vaian nas mellores condicións.
Neste momento están atendidos e atendidas na súa maioría e teñen unha idade preuniversitaria que lles permite dominar unha serie de medios técnicos similares aos que van ter dentro duns meses na universidade (aulas virtuais)
O alumnado de 2º BACH debe enfrontarse ás ABAU, unhas probas que sempre lles xeneraron dúbidas e inseguridades. Máis aínda neste caso cando non saben aínda como se van realizar as probas.
Alumnado de 2º FP
Agora sería o momento para realizar as prácticas e presentar os proxectos finais o que pode ser realizado de maneira telemática para evitar o risco de reunir nunha mesma habitación durante varias horas a alumnado con varios profesores e profesoras
As medidas que se tomarán deben ser negociadas, explicadas e cómpre que o profesorado sexa escoitado e tido en conta. Desde a AS-PG queremos que a nosa consellería xestione e non delegue nos equipos directivos a responsabilidade de protexer a alumnado e profesorado nesta crise sanitaria.
A fase final do XVIII Concurso de Relato Oral TÍRALLE DA LINGUA, celebrouse o xoves pasado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Nesta edición participaron máis de 900 escolares acompañados do profesorado e varias familias.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), leva dezaoito anos organizando esta proposta de dinamización da nosa lingua, dirixida ao alumnado e profesorado de EP, ESO e Ensino Postobrigatorio, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua.
A participación foi a máis alta de todos estes anos, mesmo tendo que desdobrar o concurso de forma simultánea por categorias. Ano tras ano, esta experiencia foise asentando nos centros de ensino, implicando ao profesorado cada vez máis, realizando unha fase previa nos centros para a selección de contadores e contadoras e historias que pasan logo a fase final.
Este proxecto foi posible grazas a colaboración da Deputación da Coruña
HISTORIAS GAÑADORAS TÍRALLE DA LINGUA 2019
2º Ciclo de ESO e Ensino Postobrigatorio
Primeiro premio para “Pasas que cousan”. Lidia Landín e Adriana Caldas do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo Premio para “Os cinco meigos”. Antón Chaín Murado, David Costa Graña, Carlos Fernández González, Jesús Fernández Vázquez e Brais Márquez Tarrío do IES Pedregal de Irimia. Meira
1º Ciclo de ESO
Primeiro premio para “Fóra do normal”. Sergio Monteagudo do IES Aquis Celenis. Caldas
Segundo premio para “Unha longa viaxe”. Sabrina Valado Muñoz do IES Aquis Querquernis. Bande
PRIMARIA
Primeiro premio para“Lobishome”. Grupo de 24 alumnas e alumnos do CPI de Zas
Segundo premio para “Quero ser outro”. Grupo Cardume do CEIP Fogar. Carballo
O xurado do IX Certame de Curtas da AS-PG acordou declarar finalistas as curtas:
CATEGORÍA XERAL
Emma Pedreira. O des-en-freo, de Daniel Chapela
MULLERES MURO, a garda patética, de Pepe Galán
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
A mellor sopa do mundo, de María Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide)
IRMAUS- Celso Emilio, alumnado de 1º bacharelato (IES María Soliño-Cangas)
Rosalía, quilómetro cero, de Cristina de La Torre (IES Macías o Namorado- Padrón)
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS Fórum Metropolitano. Sala Marilyn Monroe Rúa Río de Monelos, 1. A Coruña
Luns 16 de decembro ás 17:30 h
Entrada libre até completar aforo
O xurado do IX Certame de Curtas da AS-PG está constituído por:
Eduardo Álvarez, coordinador de medios audiovisuais e especialista en Lingua e Literatura
Isa Risco, actriz de teatro, cine e tv
Xose Antón Moure, realizador e guionista
As curtas admitidas a concurso son:
CATEGORÍA XERAL
1. Airiños, airiños aires, de Raquel Torres, Candela Fernández, Adrián Mayán e Ana Pérez
2. Atopando o camiño, de Andrés Castro e María Fanjul
3. Emma Pedreira. O des-en-freo, de Daniel Chapela
4. MULLERES MURO, a garda poética, de Pepe Galán
CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
1. A mellor sopa do mundo, de María Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide)
2. IRMAUS- Celso Emilio, alumnado de 1º bacharelato (IES María Soliño-Cangas)
3. O xogo da guerra, de Mara Sierra López (Colexio Eirís- A Coruña)
4. Rosalía, quilómetro cero, de Cristina de La Torre (IES Macías o Namorado- Padrón)
As curtas finalistas publicaranse o 4 de decembro.
A Coruña 26 de novembro de 2019.
O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
II.- TEMÁTICA
As curtas xirarán
ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de
calquera época da Literatura Galega.
A modalidade en que
se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes,
videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As
curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
III. NORMAS DE
PARTICIPACIÓN
1. Poderán optar
aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación
(cine, vídeo…), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de
setembro de 2017 e o 15 de novembro de 2019.
2. As obras poderán
enviarse por wetransfer a informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato
de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi. No caso
de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega IX Certame Curtas AS-PG Rúa
Laracha, 9 baixo 15010 A Coruña
3. Prazo: as curtas
deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 15 de
novembro de 2019.
4. A duración non
excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
5. O idioma (audio e
texto) das obras presentadas será o galego.
6. Cada participante
poderá presentar un máximo de tres obras.
7. O material
enviado ao inscribirse non será devolto.
IV. CATEGORÍAS 1.
Categoría xeral Mellor Curta IX edición. 2. Categoría Centros de
Ensino IX edición. A mesma obra só poderá participar nunha única
categoría que será indicada na ficha de inscrición.
V. PREMIOS
1. Categoría xeral
– Premio á Mellor
Curta IX edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.
– 2º Premio
dotado con 750€ + Diploma.
2. Categoría
Centros de Ensino
– 1º Premio,
dotado con 1.000€ + Diploma.
– 2º Premio,
dotado con 500€ + Diploma
VI. INSCRICIÓN
Os/As participantes
deberán enviar a seguinte documentación:
* Ficha de
inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis
dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras.
* Na Categoría
Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro
responsable da obra.
* Na Categoría
Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do
centro.
* Poderá ser
enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a
Asociación
Socio-Pedagóxica Galega IX Certame Curtas AS-PG Rúa Laracha, 9
baixo 15010 A Coruña
VII. XURADO
A AS-PG, como
entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará
composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura
e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras
finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará
a gañadora.
Así mesmo designará
unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e
avaliar a adecuación ás bases.
Calquera cuestión
referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á
Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG.
O ditame do xurado é
inapelable.
VIII. ENTREGA DE
PREMIOS
As obras gañadoras
daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en
decembro de 2019. Data e lugar serán publicados na páxina web da
AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das
obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación
será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a
obra resultar premiada), mais non do premio en si.
IX. RESPONSABILIDADE
A persoa
representante da obra será a única responsable legal da curta.
As obras admitidas
poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados
para a promoción do Certame.
A participación
neste certame supón a aceptación plena destas bases.
As Curtas gañadoras do VIII Certame de Curtas da AS-PG son: MELLOR CURTA VIII EDICIÓN
Primeiro Premio para Memoria na pedra, de Paco Paz e Lucien Petitjean.
Segundo Premio para Lembrar, de Diego Pazó. MELLLOR CURTA CATEGORÍA CENTROS DE ENSINO
Primeiro Premio a Dióxenes, de Antón Etxeita Figueroa e Pablo Pazos Dominguez. IES Xelmirez II.
Segundo Premio a Fals’e traedor, CEIP Do Carballal de Marín.