A mitoloxía, quer a de base grecolatina, quer a de base bíblica, se é que se pode facer esa diferenciación, pois ambas están entrelazadas na nosa cultura, ofrécenos abundantes chaves interpretativas da realidade en que vivimos os humanos. A lingua, esencia e base do noso pensamento, está presente en toda a mitoloxía, desde a Torre de Babel a Pentecostés e infinidade de expresións e frases do cotián teñen orixe mitolóxica.
De todos os episodios bíblicos hai un que sempre ma chamou a atención: aquel en que reunidos no Cenáculo os apóstolos e algunhas outras persoas, adquiren de repente o don de linguas, isto é, a posibilidade de se expresar en todas as linguas do mundo. Tomaba así consciencia a Igrexa primitiva da necesidade de ensinar a nova fe na lingua do educando, os apóstolos, os mestres poderían falar na lingua de cada un e cada unha. Desafortunadamente, cando a Igrexa entendeu que o seu reino si é deste mundo, acabou renunciando a esta revelación carismática o adoptou o monolingüísmo, en latín primeiro e, no noso caso, en castelán despois, e a glosolalia quedou relegada a unha entrada no dicionario. Estes episodios non son únicos do cristianismo e así a Sibila de Delfos falaba estraños sons que se supoña eran as mensaxes do Deus. Actualmente diversas relixións manifestan fenómenos de glosolalia.
Nos anos 70 do século XX este fenómeno, real, espertou a curiosidade de moitos científicos e recentemente, ano 2006, unha pesquisa levada a cabo na Universidade de Pensilvania descubriu que cando un individuo está afectado de glosolalia, a área do cerebro que controla a linguaxe non está activa, e deste xeito non posúe control sobre o suxeito. O fenómeno, que aínda está a ser estudado, esperta a curiosidade da ciencia e do público máis familiar con esta práctica. Como termo médico, a glosolalia é definida como un grave trastorno da fala, polo que o suxeito se expresa cun léxico propio, imaxinario e incomprensible, formado mediante a adxudicación de novos significados ás palabras coa convicción de estar empregando unha linguaxe nova que, na realidade, non se corresponde con ningunha estrutura lingüística nin de pensamento.
Se analizarmos a linguaxe sociolingüística do Partido Popular de Galicia, e do seu presidente, o actual e o anterior, veremos como son vítimas desta doenza: onde os estudos serios sobre sociolingüística indican que en Galiza hai un conflito lingüístico e a palabra a utilizar é diglosia, eles falan de bilingüismo harmónico ou de cordialidade e amabilidade lingüística; onde os estudos falan de que o galego retrocede en usos, eles falan de imposición. O diagnóstico é evidente: o Partido Popular está infectado de glosolalia. Claro que tampouco é a primeira doenza lingüística que padece algún membro do PP. Anos atrás detectouse un caso de Xenoglosia (un fenómeno que consiste en que un individuo e capaz de falar idiomas que nunca aprendeu, como, por exemplo, unha persoa comezar a falar alemán fluentemente sen nunca ter aprendido alemán, ser alemán ou convivir con alemáns. No noso contorno máis próximo o caso máis coñecido foi o de José María Aznar, que podía falar catalán na intimidade sen o ter aprendido nin ser catalán.
Ten cura a glosolalia?
Ten, aínda que por se tratar dun fenómeno psicosomático o seu tratamento é máis demorado, pero en todo o caso o primeiro paso é desprenderse do autoodio e con el todos os restantes prexuízos lingüísticos. Sen esquecer a parte práctica, o uso corrector das dificultades mediante técnicas de reeducación.
Nesta fase epigonal do capitalismo, a esfera política, especialmente nos chanzos superiores, está abafada pola mestura do público co privado. Non é por casualidade. Forma parte da súa conversión en espectáculo que debe ser acaidamente consumido polas masas. O discurso e a práctica non teñen nada relevante e construtivo que propornos. A idea subxacente é que o mundo non hai quen o cambie, porque o capitalismo é inmorrente e o xénero humano irredimíbel-inalterábel.
Hai en ocasións tal converxencia intensiva desta forma de desenvolverse a política, coa súa debida translación mediática, hoxe tan determinante, que conforma un espello en exceso revelador. Por exemplo, de como se recorre, nas sociedades que presumen de avanzadas, ilustradas e democráticas, aos fetiches estereotipados, ás imaxes normativas prexuizosas e á promoción dunha impúdica admiración reverente pola representación simbólica do poder. A visita de Estado a Madrid do presidente Sarkozy, acompañado da súa dona, Carla Bruni, a fins do mes de abril, foi toda unha demostración dos valores que sustentan as imaxes que, interesadamente, deben transmitirse. A relevancia da señora Bruni forma parte do valor das aparencias, de como conformar unha diplomacia banal, para conseguir a venda dun produto. A cantante e modelo interpreta agora o papel de embaixadora máxima de Francia, facendo ostentosas as súas calidades físicas, o seu porte de pasarela e a súa romántica relación co varón-heroe. Cal é a representatividade democrática da señora Bruni? Descoñecémola. Porén é protagonista como o é tamén a princesa Letizia. Non podía faltar a imaxe das dúas damas, focadas as súas curvosas siluetas femininas, en contraste competitivo, como debe ser, correspondendo co papel que se lles asigna: elegancia e exhibición de encantos estereotipados. Por derivación: luxo e matrimonios felices. Espectáculo de consumo para consolación das masas.
Días antes, coñecemos as conversas, previos os "pinchazos" oportunos, iso si, debidamente autorizados polo xuíz, que o presidente da Comunidade Valenciana mantivo en nadal de 2008, co seu amigo Álvaro Pérez, involucrado nunha trama de corrupción económica, ao que parece. A conversa esnaquizou, en parte, a imaxe (seguro que prexuízosa) que tiña sobre Camps, xesuítica, autorrepresiva, de célibe convicto, tal e como nos aparecía cando o coñecín na súa anterior función de Vicepresidente do Congreso dos Diputados. Pero o diálogo filtrado, que mestura de paixón, vulgaridade verbal, sadomasoquismo e ostentación de lealdade ardorosa!! Expresa unha subterránea febra relixiosa-metafísica, abafada por doridos pecados materiais. O núcleo central, un paroxismo: "te quiero un huevo… durante toda tu vida". Como diría a esposa de Camps, tamén ortodoxamente pinchada: "se pasan veinte pueblos", tratándose de homes tan decentes. Desde logo, resulta envexábel o seu "caudal", a súa "facilidade" verbal, para falar sen dicir e para entenderse sen informar. Non me estraña a admiración rendida de Álvaro Pérez pola retórica de Camps. A dicir verdade, a súa tampouco desmerece. Revelan o xogo entre aparencia e realidade, seguro que tamén deformadora. Que democracia con "pinchazos", filtracións e pingas de drama romántico, salpicado con cuspe ultra-realista!!
O meu desacougo medrou, cando tamén polas mesmas datas, se nos tranquilizaba, a través, loxicamente, da oportuna imaxe mediática de que o noso novo Presidente estaba homologado na norma e no estereotipo. Non abondou con que celebrase no Obradoiro, aclamado polas masas populares, a súa proclamación, acompañado do seu pai, a súa nai e a súa noiva. Era necesario comprobar, a maiores, como bicaba ardorosamente, após a súa elección no Parlamento como presidente da Xunta, a muller que felizmente será a súa esposa. Il será que resulta pouco normativo e estereotipado chegar a tan alto cargo e manterse solteiro?
Dá para cavilar… pero non deixa de ser o valor da aparencia, coma sempre, a impúdica mistura do privado e do público, para maior atordoamento do pobo, e unha hipócrita -e política- utilización da norma estereotipada.
Alberte Núñez Feixóo comezou o seu discurso de investidura afirmando que gobernaría sen ideoloxía. Tal sentenza mostra xustamente a qué nos enfrontamos. A era das decisións que supostamente se basean na opinión dos técnicos. Así, quitemos a ideoloxía das escolas e para iso que mellor que eliminar o galego. Que a cultura galega limita, pois comecemos a falar de cultura feita en Galiza –como se dunha prenda de roupa se tratase– para poder deslocalizar a súa produción en calquera momento. Que un dos grandes problemas ao que nos enfronta esta crise son os EREs, pois tamén axilicémolos e xa temos un problema menos. Que a sanidade pública é un dereito básico mais tamén caro, a receita é comezar por lembrar que se goberna tanto para a sanidade pública como para a privada. E claro, isto non ten nada de ideoloxía, son decisións neutras e asépticas de ideas que toman os “xestores dez”.
Tan bos e boas xestores que a día de hoxe aínda non hai enriba da mesa ningunha medida contra a crise que non sexa buscar máis expertos para facer un plan ou subplan de choque. Cultura segue sen nomear o seu equipo, supoñemos que tentará que non estexa limitado á cultura galega. Todos os proxectos de construción de equipamentos sociais paralizados. Para as persoas dependentes, prométese atender 16.000 este ano cando 14.500 xa o están a día de hoxe. E para as galescolas, proponse convertelas en “gardarías normais”.
A palabra “gardaría” está desbotada do vocabulario da educación cero-tres anos desde hai moito tempo e “normal”, respecto a que? Normal pode significar que o ensino das crianzas estexa privatizado como na Comunidade de Madrid, normal pode ser que estexa en mans dos Concellos como ocorría até hai pouco en Galiza –coas dificultades orzamentarias que isto ten para as poboacións pequenas. Normal pode ser que se elimine a parella educativa, normal pode ser que non haxa proxecto educativo nos centros, que o persoal non teña formación continua, que non teñan mandilóns os cativos, que se rebaixe a calidade do comedor…
As galescolas son un proxecto educativo pensado en galego para Galiza, como si vivísemos nun país… normal? Sen ideoloxía?
Carme Adán. Este artigo tamén foi publicado en A Nosa Terra
A rebelde conciencia da nosa Rosalía de Castro reparou na transcendencia para o país dalgúns comportamentos sociais. En 1866, por exemplo, publicaba no Almanaque de Soto Freire (Lugo) o retrato dun tipo frecuente, "O Cadiceño", o emigrante que retorna desfigurado cultural e lingüisticamente. Supostamente enriquecido, provoca admiración e hipnotismo mimético nos seus compatriotas: desprezo polo galego, discurso acastrapado, acenos e indumentaria andaluza, menosprezo de usos e costumes propios e gabanza dos alleos. Estes efectos da nosa emigración á Arxentina, Cuba, Uruguai ou a Cádiz e Madrid, reforzaron aínda máis a política cultural e lingüística do Estado na Galiza. Corridas de touros e canción e baile "andaluces" foron os instrumentos empregados desde fins do século XIX para inxectar mímese e alienación cultural en masas desprotexidas. La Bella Otero, no campo artístico, foi un produto autóctono, para consumo cosmopolita, desta dialéctica cultural, coa debida ocultación das súas orixes. Valle-Inclán, especificamente nas súas "Divinas Palabras", quixo mostrar a deformación do pobo galego, das súas clases populares, por este proceso de colonización: a admiración paifoca a distancia polo alleo e incomprensíbel. Manipulado pola Igrexa, con ausencia de clases dirixentes e cun xogo económico oportunista en proveito de cucos estranxeiros ou estranxeirizantes, o resultado é a deformación, a burla e a ausencia de futuro. Podemos evocar o Castelao debuxante, ironizando sobre o choque das corridas de touros coa mentalidade popular galega, cando apresenta un labrego matinando perante un cartel anunciante dunha corrida en Santiago: "Lástema de bois!". Nembargantes somos sabedores da insistencia en introducir e espallar as corridas na Galiza, desde Celanova á Coruña, pasando por Sarria ou Pontevedra. Non ocultan os galegos á española, con domicilio práctico en Sevilla ou Madrid, por exemplo, en expresar a súa rendida admiración pola "festa nacional" cando acoden no verán á praza de Pontevedra desde o seu privativo descanso en Sanxenxo.
De neno vivín, desconcertado e alleo, abafado radiofonicamente por Antonio Molina, de mozo por Manolo Escobar, e xa adulto pola Pantoja. Albisco que hoxe, rebumbio mediático atordoador, para públicos máis sofisticados está La Niña Pastori ou El Cigala. A audiencia popular de Luar consume, entusiasta, a gran tradición pseudo-folclórica españolista. Certo que non xurdiu outra Bella Otero, pero produciuse o reparo redentor de escoitarmos, nada menos que no Parlamento Galego, o himno da nación, en versión flamenca!!. Isto si que é apertura, simpatía polo próximo e internacionalismo. Por certo, debían reparar os que tanto falan de feísmo arquitectónico que, en grande maneira, o estragado, o desfigurado, o inadaptado ao medio, provén da imitación, da falla de auto-estima. O Cadiceño rosaliano tamén aspiraba a "poner mi casa a estilo de Cais".
Esta forma de ser galegos, tan intimamente vinculada á españolidade, á españolización, foi sempre impulsada con consecuencias negativas para o país. Os activadores desta minusvaloración ou desprezo aparecen como triunfantes fóra. Teñen tal amor pola terriña que, normalmente, non deixan de expresar a última vontade de viren morrer nela ou, cando menos, deixar ordenado que nos devolvan o cadáver (a "mortadela"), que, como se sabe, devén putrefacto. As súas esencias perviven para boato e admiración do pobo. Estou por asegurar que directa ou indirectamente detrás da festa da que a continuación informamos, hai algún preclaro fillo ou veraneante na parroquia, con enderezo fiscal en Madrid ou Sevilla, é un dicir. Noticia de prensa (Diario de Ferrol, 26-04-2009): titular, "Covas tamén baila sevillanas". Información: "desde a entidade veciñal de Covas miran tamén cara a outras latitudes. Así que onte foron de feira, pero da de Abril, con carruaxes, farolas, acento andaluz, pescaíto frito, xamón, manzanilla e música e farra durante horas". Estes entusiastas seguramente considerarían un exceso fundamentalista, identitario, contrario á liberdade, unha inasumíbel imposición, que un día das festas parroquiais for dedicado á música galega ou en galego.
Rosalía falaba de que os cadiceños inspiraban nos que os ouvían o desprezo polo país, e ansias de gañar cartos a costa da dignidade. Padecemos un problema de anestesia da dignidade colectiva, sen que nos beneficie economicamente. Pode estrañar ou sorprender que, con este panorama, unha Enciclopedia como a Británica, distante, cosmopolita e imperial, ofreza a información que ofrece sobre Galiza?
Levamos xa meses e meses falando dunha crise económica mundial que moitas sabemos é consecuencia do fracaso dos sistema económico capitalista e que ten como única solución un cambio de sistema socioeconómico.
Aínda inmersos na análise da crise, máis conscientes cada vez das súas terríbeis consecuencias, cos traballadores na rúa reclamando a readmisión de despedidos e a negociación dos convenios, mentres o sistema di que a solución é abaratar o despedimento ou que hai que atrasar a idade de xubilación, xorde outra noticia, outra crise de dimensións mundiais, que vai ser, en primeiro lugar, a escusa perfecta para deixar de lado o tema da crise provocada polo capitalismo.
Porque unha das primeiras cuestións que podemos valorar é o que xa temos comentado a respecto de que moitas veces o exceso de información sobre un tema está perfectamente calculado para retirar da primeira plana outro tema, ou sexa, máis información para estar máis desinformados.
Levamos xa días en estado máxima preocupación, atentos á televisión que día a día nos anuncia o incremento de posíbeis casos de gripe. Vemos como soben o nivel de alarma, mais, alguén dubidaba que existía o risco real de que se expandise por todo o planeta? Que tal vez non sexa tan doado de controlar o contaxio da enfermidade? En todo caso, fálennos das causas, dígannos como xorde este virus e non sinalen a un neno… Eu non podo entender como poden concluír con tal contundencia que ese neno é o foco da enfermidade, o primeiro portador, e non saber como se produce ou de onde vén. Un pequeno neno mexicano, un pobre neno que vive nunha granxa…
Os medios xa falan de La Gloria como lugar en que se iniciou o andazo, e en México e nalgúns medios de internet levan todo o mes de abril dándolle voltas ao tema. Ao que parece os científicos viñan alertando de que a produción masiva de carne de porcino podía ser causa de mutación de virus e un virus mutante é o que está a provocar esta nova crise. Seguimos buscando e vemos que cada vez máis dedos sinalan cara a produción extensiva dunha empresa americana, Smithfield Farms, que ten unha filial, Carroll, no estado de Veracruz, unha macrogranxa que produce un millón de porcos ao ano. Os habitantes de La Gloria quéixanse da insalubridade dos vertidos fecais da empresa. Diversas informacións sinalan que eses vertidos puideron contaminar a auga e o aire e poden estar relacionados coa orixe da gripe nova ou A.
Pois falemos diso, falemos de como a rica Norteamérica, o capitalismo, busca producir carne barata levando as empresas a territorios situados fóra das súas fronteiras, incumprindo normas sanitarias e provocando infeccións. Para que as hamburguesas das grandes multinacionais teñan prezos incomprensibelmente competitivos, tal vez hoxe haxa non un, varios nenos enfermos, mais do outro lado da fronteira. Outra vez unha conclusión segura: o capitalismo destrúenos.
Fala Saramago no seu caderno desas voces que alertaron das consecuencias desta produción extensiva de carne, investigadores acalados pola ameaza do recorte, ou a eliminación, das fontes de financiamento, sinala que ao final nada sabemos das verdadeiras causas, do que cómpre coñecer para buscar a solución definitiva, lembra que algo así xa pasou cando a gripe aviar, coa avícola Charoen Pokphand, de Bangkok.
E eu digo, estamos entón tan cegos e enfermos como as personaxes de Ensaio sobre a cegueira, e así continuaremos, cada vez máis enfermos e máis cegos, máis agresivos entre nós, máis destrutivos coa nosa contorna… Estamos lonxe da curación, dese día en que poderemos volver ver porque aprendemos a ver, a ver a razón das cousas, as causas reais que nos traen a este delirio, cando tomemos conciencia de que debemos mudar este sistema, transformar este mundo.
Marta Dacosta, 1º de maio de 2009.
Segundo relatan as fontes antigas, Nerón –embora culpase os cristiáns do incendio para os perseguir sen piedade- mandou queimar Roma para a reconstruír ao seu gusto, e dise que mentres ardía a cidade el estaba cantando versos da obra Iliou Persis, poema que comeza coa discusión dos troianos preguntándose que facer co cabalo de madeira que os gregos deixaran abandonado onde tiñan o campamento.
Algo de neroniana ten a actuación política do Presidente da Xunta, porque en apenas uns días incendiou coas súas declaracións o inestable desequilibrio lingüístico da Galiza, avivando o lume onde só había fume, na perspectiva de reconstruír unha Galiza monolingüe (en castelán), instaurando finalmente a paz lingüística nesta fronteira do Imperio, da mesma maneira que Nerón fixou a paz na fronteira co Imperio Parto.
Non satisfeito con iso, acusa o profesorado que cumpre a lexislación vixente de non respectar os dereitos do alumnado e fai un chamamento público para incumprir o Decreto 124/2007. Nunca tal se viu!!!. Un Presidente de Goberno chamando os cidadáns a incumprir as normas legais vixentes, facendo apoloxía da anarquía.
Parece irreal.Mais é obvio que o Sr. Presidente abriu este novo cabalo de Troia para seguir unha folla de ruta perfectamente trazada desde certas ondas radiofónicas, desde certa xerarquía relixiosa que obxecta e propón a rebelión social contra todo o que non sexa criacionismo, desde certa fundación que o mesmo proclama a inexistencia do cambio climático que o analfabetismo dos galegos e galegas e desde certas organizacións sociais que se amparan na falsidade da imposición lingüística para participar no xogo, quer de difundir mentiras quer proclamar verdades con tal de lograr o obxectivo. E o obxectivo único é borrar da face da Terra todo o rastro que nos afaste do pensamento único, do mercado único, do amo único, do idioma único.
No acto de proclamación como candidato á Presidencia da Xunta, en novembro de 2008, tal como se difundiu nos medios de comunicación, o Sr. Núñez Feijoo dirixiuse in memoriam a Xosé Cuíña en nome de Galicia, nai e señora. Tamén teño escoitado que o Sr.Presidente está casado con Galiza.
Galiza nai e esposa, tal é a percepción que o Sr.Presidente ten da realidade que lle tocou gobernar.
Disque Nerón asasinou, ou mandou asasinar, a súa propia nai, Agripina e a Claudia, a súa esposa, ao regreso do exilio a que fora condenada. Estranxeira na súa patria, a nosa lingua comeza a vivir novamente, despois do regreso dese exilio de usos a que foi sometida, mais as medidas previstas polo PP,de non as frearmos, igualarán, inevitablemente, o seu destino co de Claudia. Agora a responsabilidade será, só, do Sr. Presidente, por máis que intente botar a culpa da destrución aos que entendemos que os galegos e as galegas temos dereito a que a nosa lingua propia sexa oficial a todos os efectos e que o galego debe desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
Xoán Costa Casas
Así se nomeaban as xeiras sobre a lingua galega que organizaron as rapazas e os rapaces dos Comités na Universidade de Vigo desde o 15 ao 17 de abril. Correspondeume falar de lingua e literatura o día 16 e foi un acto tan axeitado, tan necesario que quero felicitalos desde aquí e pedirlles que sigan por este camiño de futuro.
Cando comecei a miña intervención rescatei da memoria as vivencias de 25 anos atrás, cando a UVI non era universidade e unha cuadrilla de toliños demos en pór en marcha os Comités Abertos de Estudantes (CAE). Antes do 84 xa estaba a cousa algo revolta, peches en Filoloxía Xermánica por mor das inxustizas pedagóxicas, asembleas e mobilizacións para acelerar a democratización do Colexio Universitario, ou sexa, da Universidade de Santiago daquela. E cando eu cheguei a cousa seguía, e fixemos actos en prol da lingua, aínda conservo unha pegata do ano 87, “Pola normalización lingüística. Non teñas medo, fala galego”.
Xa lles dixen que nós eramos español falantes, mozas e mozos eivados pola ditadura de herdar a nosa lingua, mais algo bulía en nós, nacía a conciencia e nos actos públicos expresabámonos en galego, malia non ser aínda a nosa lingua habitual. Despois a maioría pasamos a ser monolingues en galego. Foi a miña maneira de dicirlle a unha sala chea de mozos e mozas que hai futuro, porque xa o houbo. De unirme ás palabras de Xabier Docampo que puxo o acento na súa responsabilidade: “agora tócavos a vós manter vivo o idioma”. E así é, eles e elas tamén o sabían, por iso foi un encontro feliz.
É a súa responsabilidade e o noso compromiso, contan con nós. Parabéns rapazas, rapaces.
Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA. Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.
Xoán Costa Casas
Normal
0
21
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
<!–
/* Style Definitions */
p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal
{mso-style-parent:"";
margin:0cm;
margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:12.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-fareast-font-family:"Times New Roman";}
@page Section1
{size:595.3pt 841.9pt;
margin:70.85pt 3.0cm 70.85pt 3.0cm;
mso-header-margin:35.4pt;
mso-footer-margin:35.4pt;
mso-paper-source:0;}
div.Section1
{page:SectPP e política lingüística
Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA. Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.
PP e política lingüística
Asistín no fin de semana, como cada ano desde hai dezanove, ás Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-ensino e a AS-PG, xornadas que tanto teñen contribuído na nosa formación, quer polas propostas e experiencias didácticas que se teñen presentado como polos debates que en temas de normalización lingüística ten habido.
Este ano, na tarde do sábado e con 250 persoas presentes, desenvolveuse un debate entre representantes do PP, PSOE e BNG sobre o Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino.
As persoas presentes puidemos comprobar como as análises que o PP fai da situación lingüística actual só teñen como fundamento os muíños de vento da imposición e da liberdade de elección de lingua prometendo levar a cabo unha serie de medidas que son pedagoxicamente insostíbeis, legalmente discutíbeis e economicamente inviábeis, mais que no fondo teñen como finalidade un obxectivo único: advertir que en materia de normalización lingüística o PP non está disposto a consentir ningunha recuperación de usos e de espazos para o galego. NINGUNHA. Pois se así non for, non é entendíbel que retiren o seu apoio ao único decreto negociado entre todas as forzas políticas desde que existe o Parlamento Galego e co que o PP estivo de acordo até o día anterior á súa publicación no DOG. Se así non for, non se entende que no programa electoral das derradeiras eleccións só figuren medidas concretas de carácter derrogatorio e ningunha medida concreta, só ambigüidades xenéricas, de tipo promocional para o galego. Se así non for, non se entende que continúen argumentando que o decreto non se axusta a dereito cando xa o Tribunal Superior de Xustiza asegurou a súa plena validez xurídica.
A profesora García Negro ten comparado a situación do galego coa dun doente ao que se lle fan todas as probas, todas as diagnoses e, coñecida a doenza, logo non se lle administran os medicamentos. Se continuarmos con este símil, o Decreto 124/2007 non representa máis que o comezo dunha medicación nada agresiva, case me atrevería a dicir que de efecto placebo, no tratamento dunha doenza crónica, nun paciente que non tivo a posibilidade de comprobar a efectividade e os resultados desa insuficiente dose e, desde logo, ningún especialista observou os efectos secundarios de deslocamento do español da súa posición predominante como lingua do sistema educativo. Non se tendo producido pois avanzos na saúde do paciente, non é admisible que o PP fale de retirar esa pequena dose de medicamento nunha parte tan importante para o galego como é o sistema educativo.
Mais fronte á medicina legal e oficial, aínda nos queda a medicina popular, a tradicional. Por iso, o 17 de maio, en Santiago, temos ocasión de administrar unha inmensa cantidade de medicina popular no corpo do galego. Acudamos.
Lembraba Murguía nun seu artigo xornalístico do 23 de abril de 1885 como vivira, sendo neno, os ecos en Compostela da batalla librada nos seus arredores entre bandos militares ese mesmo día de 1846. A posterior ocupación da cidade, coas escaramuzas e as descargas consecuentes, sofrimento e horror da guerra, soldados caidos entre xemidos, durou dúas horas. Ao final todo era tristeza e silencio entre a poboación, indiferente a quen era o vencedor e o vencido.
Nunca lle gostou a Murguía mesturar os ideais civís, especificamente os de redención de Galiza, cos levantamentos militares, por moito que foren de signo progresista. Anos máis tarde, de forma explícita Castelao, no seu Sempre en Galiza, advírtenos de que a revolución galega de 1846, xestada na hostilidade contra os gobernos centralistas, fracasara “por xunguirse a unha subversión militar (alentada por un príncipe da casa reinante) que acabou en traxedia cos fusilamentos de Carral”.
Por suposto significou tamén o exilio, a expatriación para moitos dos mozos e mozas, como Antolín Faraldo ou Francisco Añón, que viran, naquel momento, unha oportunidade para organizar unha corrente social favorábel a erguer o noso país da humillación e do abatimento. O manifesto revolucionario afirmaba que Galiza era unha colonia da corte madrileña e remataba: “Que a espada de Galiza faga inclinar unha soia vez a balanza en que se pesan os destinos de Hespaña”.
Sen dúbida estamos perante a primeira xeración pre-nacionalista, a de 1846, caracterizada por un progresismo que bebía xa na fonte da democracia, a república, o socialismo utópico, con grande peso do cristianismo evanxélico (Fourier), e mesmo o feminismo. Unha sociedade, con forte politización, a Academia Literaria, en Santiago, era o centro de debate, por certo moi ao día, como o estaban os xornais desta tendencia provincialista, “El Porvenir” ou “La Aurora de Galicia” .
O seu pre-nacionalismo abalaba entre a revalorización do antigo reino, a consideración de Galiza como provincia única, como patria ou como nación ou nacionalidade. Teño para min que, ás veces, o noso intento de rigor, de non proxectar sobre o pasado as concepcións ideolóxicas actuais, a nosa mentalidade, a nosa teoría, a nosa práctica, contribúe a reducir a consciencia teórica e mesmo a intencionalidade dalgúns dos nosos devanceiros. Quen era realmente Antolín Faraldo, mozo fogoso, profeta incomprendido para o seu tempo, segundo Murguía?
Que o movemento fose minoritario e inzado de ambigüidade na acción, non invalida a clareza dos conceptos (o pensamento) que, nalgúns casos, se utilizan. En todo caso, o nacionalismo sempre considerou que esta xeración iniciaba a “boa nova”. Antolín Faraldo era considerado un “precursor” por Murguía. A xeración de 1856, a do Banquete de Conxo, a de Pondal e Rosalía, e a posterior de Curros, pensábanse como parte dun elo, en certa maneira, entón iniciado. A prensa galeguista non deixou nunca de evocar os mártires de Carral, militares fusilados, nen os homes conscientemente galegos exiliados e perseguidos.
Os partidos demócratas e republicanos españois comezaron conmemorando a data do 26 de abril de 1846, subliñando o seu carácter de pronunciamento pola liberdade na España. Sempre esqueceron o seu compoñente provincialista, pre-nacionalista. Acabaron por retirala tamén do altar das súas devocións, pois non era un suceso da súa centralidade.
Hai sucesos represivos máis recentes, de grande impacto para a consecución da liberdade na España, que afortunadamente seguirán na memoria do noso pobo, por nós consideralos centrais.
Comezou mal Núñez Feijóo. Non só por non explicitar compromisos de ningunha caste á hora de enfrontar a situación de crise económica que padece Galiza, ou mesmo pola ausencia dun programa merecente de tal nome que fundamentase a súa investidura como Presidente. Non foi só iso. É máis: O problema non foi o que non dixo, senón o que dixo.
Pois efectivamente, foi congruente coa defensa activa desa conceición ideolóxica franquista (aquilo de "non vos metades en política" ), cando se referiu aos "estériles antagonismos ideolóxicos", dos que di pretender rematar no debate político. Se cadra, gostaría de reconverter o Parlamento nun Balneario. Contodo, si defendeu, e sen complexos, principios ideolóxicos -os seus e os do PP- moi clariños e, por certo, ben agresivos co pobo galego.
Por exemplo, en relación coa lingua galega. Semella vincular o seu uso e estatus legal coa caracterización que fixo da nosa nación, Galiza, en dúas ocasións ao longo do seu discurso. A primeira, non excesivamente brillante nin imaxinativa: "Galicia é o que é". Magnífica descrición, porque certamente é así, e o que é, é, e non é doutro xeito. Na segunda, menos afortunada, proclamou a Galiza nada menos que como "esquina de Occidente", que honestamente nos lembra tempos dun rexime político que consideraba a Galiza como "rinconcito verde" e a España como "faro y guía de Occidente". E así, en coerencia con estes principios, tan modernos e actuais, dálle nome á política lingüística que pretende impulsar: AMABILIDADE LINGÜÍSTICA.
Mais vexamos en que consiste a elegante denominación de "amabilidade lingüística" para este home. En esencia, "rematar cos radicalismos e os maximalismos lingüísticos", coa "imposición do galego" (sic) e, daquela, derrogar o Decreto de uso do galego no ensino e suprimir as Galescolas. Velaí a folla de rota a curto prazo.
Vaia, que hai que ser amábel. Así que xa sabedes: a próxima vez que despidan un traballador por falar en galego, nada de protestar nin denunciar: cun amábel sorriso e cun agradecemento pola paciencia, se resolve o problema. Que na Universidade de Vigo o 90% das aulas son en español? Non pasa nada, calamos ?cortésmente- e achantamos, que para iso defendemos o bilingüismo cordial. Que na xustiza ou na sanidade o galego apenas existe? Botémoslle unha pinga de dozura, mais non reclamemos os nosos dereitos: sería impoñer. E iso si que non. Amabilidade, amigos, xentileza. Que sigamos a perder falantes, que aniquilen o noso idioma, porque os maximalistas somos nós. Debe ser o primeiro caso na historia da humanidade.
Ese é o modelo, descrito sen ambiguidades por Núñez Feijóo. A eliminación, o exterminio do noso idioma, a nosa anulación como pobo diferenciado. Ou noutras palabras, que rescato na súa literalidade do seu discurso, volver á "cordialidade lingüística que sempre existiu en Galicia". Aí é onde queren ir. Cando o galego non era problema, simplesmente porque se proibía e se reprimía. O paradigma a seguir. O próximo 17 de Maio, da man da Mesa pola Normalización Lingüística, teremos a oportunidade de demostrar que somos moitos milleiros os que non nos resignamos a eses designios imperiais, os que aspiramos a un outro futuro, digno, para a nosa lingua e a nosa nación.