Out 162013
 

Cinemacurtas” é o novo festival que bota a andar na Coruña a partir do día 7 de novembro. Cinco xoves nos que, a partir das nove da noite, as curtas serán as protagonistas da pantalla grande. A AS-PG daralle o nome ao Premio á mellor curta galega. E queremos que asistas. Por iso, convocamos un campionato de trivial de acordo coas seguintes:

 

BASES

1. Participantes.

Poderá participar calquera persoa que o desexe con independencia do seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir os datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro no portal de xogos da AS-PG. Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com.
O Campionato rexerase polas normas do Trivial.gz.

2.- Inscrición.

O Campionato desenvolverase entre as 14:30 horas do día 25 de outubro e as 14:30 horas do día 3 de novembro. As datas de inscrición serán entre o 17 de outubro e o 24 de outubro de 2013.

O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas.
Haberá un tema obrigatorios (Cinema) para todos os concursantes, debendo elixir cada xogador ou xogadora os cinco restantes no momento de configurar a partida.

O tempo máximo para xogar o Campionato será de 300 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou en fraccións de un minuto.

3.- Premios.

O premio consistirá na entrega de dous abonos para poder asistir a todas as sesións de cinemacurtas para cada un dos cinco primeiros xogadores ou xogadoras.

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo trivial.gz@as-pg.com para solicitaren o premio. As solicitudes deberán facerse antes do día 6 de novembro ás 15 horas. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.
Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

 

 Posted by at 18:42

  One Response to “Cinemacurtas. Campionato de trivial”

  1. Hai que participar!!
    Supoño que é un xeito máis de agradecer o seu esforzo a todos os que fan posible este Festival que sen dúbida terá unha moi longa e exitosa vida.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)