IV CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA”

BASES DO CERTAME IV Certame “Curtas para Rosalía”

 

1º ORGANIZACIÓN

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases do certame e organizar as galas de entrega de premios e de promoción do certame, se for o caso, e de resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web : http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/  na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame.

 

2º TEMÁTICA

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. Resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo  descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe, mais cando o 2013 é un ano moi significativo pois conmemorase o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

 Rosalía de Castro é a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega.

Polo tanto  aquelas  persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

1.- Obras cuxa temática  xeral  sexa a  persoa  de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento  que  destaque  a  súa  vida,  traballo ou  calquera  outro  punto  de  interese  da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.

 

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1.    Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros)

2.    As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 19 de decembro de 2013  ao enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

3.    A duración non excederá en ningún caso os 20 minutos, créditos incluídos.   

4.    O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.

5.    Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

6.    As  obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora  ou director ou directora da obra.

7.    No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/ serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso.  Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos  organizados para a promoción do festival,  sempre sen  ánimo  de  lucro.  As curtas gañadoras serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.  As datas de cada un destes actos serán publicadas durante o mes de decembro de 2013 e os autores e autoras serán informados.

8.    O xurado proporá tres obras finalistas en cada categoría e entre estas tres estará a gañadora. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios. Nesta gala é obrigada a presenza dalgún dos membros das curtas finalistas en representación das obras. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra finalista resultar premiada), mais non do premio en si.

10. Responsabilidades legais. O concursante será o único responsable da súa curtametraxe.  A organización do festival declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre a/o participante.

11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

 

 

4º INSCRICIÓN

 

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:

1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta,  haberá de se facer antes do 22 de novembro de 2013 e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

 

2.- Na inscrición definitiva, até as 14 horas do día 19 de decembro de 2013,  os participantes deberán enviar a seguinte documentación:

 

    *    DVD (Pal; 4/3 ou 16/9) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.

 

    *   Ficha de inscrición (Anexo 1) con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.

 

    *   Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra

 

    *    Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra

 

 

Os traballos deberán enviarse ou presentarse na seguinte dirección:

 

Asociación Socio-­Pedagóxica Galega

“Certame Curtas para Rosalía” Rúa Laracha, 9 ­baixo

15.010 A Coruña

 

Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.

 

 

 

5º. XURADO

 

A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da organización a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelábel.

 

6º PREMIOS

 

A organización do certame Curtas para Rosalía establece dous premios:

1.- Un primeiro premio de 500€ á mellor curtametraxe + Diploma.

2. Un segundo  premio de 300€  + Diploma.

Os premios serán entregados na Gala de Clausura. As datas e a lugar da entrega de premios serán publicadas pola Organización na web da as-pg.

 

7º RESPONSABILIDADE

 

A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.

 

A Coruña, 21 de outubro de 2013

(Anexo 1) Ficha de inscrición

2 thoughts on “IV CERTAME “CURTAS PARA ROSALÍA”

  1. Pingback: Convocado o IV Certame Curtas para Rosalía | ::Axenda cultural AELG::

  2. Pingback: IV certame “Curtas para Rosalía” | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *