Nov 302022
 

O xurado do XII Certame de Curtas da AS-PG, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa finalidade de explorar e divulgar a Literatura Galega a través do cinema, formado por

  • José Manuel Sande, crítico de cine e escritor cinematográfico
  • José María Rodríguez Armada, Proxeccionista e Arquiveiro da Filmoteca de Galicia
  • Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega, escritora e guionista

Acordou por unanimidade declarar finalistas da XII edición do Certame:

  1. Na categoría Mellor Curta da XII edición

Barroco,de Toño Chouza

III Marías, de Andrea Bouzo

Tan lonxe, tan preto,de Omar Rabuñal Varela

  • Na categoría Centros de Ensino da XII edición

O rexurdir das cinzas, de Elsa Fernández López e Uxía Veiga López do IES de Arzúa

22 mans, de Noelia Papín e Luísa Treviño do C.P.R. San Fermín Padres Somascos (Caldas de Reis)

    A entrega de premios terá lugar o día 16 de decembro ás 18:00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) situado na rúa Durán Loriga, 10 na Coruña.

Nov 252020
 

O xurado do X Certame de Curtas da AS-PG formado por

  • Roi Carballido, produtor Filmika Galaika
  • Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega e guionista
  • José María Rodríguez Armada, proxeccionista e restaurador no CGAI-Filmoteca de Galicia

Acordou por unanimidade declarar finalistas desta X edición do Certame

  1. Na categoría Mellor Curta da X edición

CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fernández Diz

POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal

ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine

  1. Na categoría Centros de Ensino

CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)

CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI PROGRESO-CATOIRA)

FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)

O acto de entrega de premios terá lugar o día 9 de decembro. Será retransmitido de maneira virtual debido á situación sanitaria.

Nesta bitácula publicaremos a maneira de unirse a dita entrega.